YWriter: software de balde para escribir novelas

Obviamente non escribe só, senón que se trata dun procesador de texto orientado a escritores de narrativa, pensado para organizar capítulos, crear personaxes, etc. E ademais está traducido a galego e hai versión para Linux e para Windows.

Descargar Ywriter

YWriter Free Novel Software Review: Writing Program Organizes Characters, Settings, Plots, and Subplots.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
Publicado en Recollido e anotado | Sin Comentarios

Oxford engade subscrición online á copia en papel

Quen compre un exemplar en papel dun dicionario de Oxford recibirá unha subscrición aos dicionarios online de entre 3 e 12 meses de duración, en función do prezo do exemplar de papel.

Oxford dictionaries go online | TeleRead: Bring the E-Books Home.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
Publicado en Recollido e traducido | Sin Comentarios

Google e nós

Veño de ler que Google dixitalizará 500.000 libros dos fondos da Biblioteca de Lyon nos próximos 10 anos. E as nosas bibliotecas? Alguén sabe que se está a facer aquí? Hai aproximadamente 3 meses, nunha das ocasións en que coincidimos con Luis Collado, director de Google Books España, preguntámoslle se tiñan contactos co noso governo para emprender plans de dixitalización. A súa resposta foi que actualmente non, se ben houbera un contacto inicial co governo anterior. Tamén dixo que non tiñamos por que preocuparnos, porque tiñan dixitalizado  moitos fondos galegos procedentes dunha biblioteca de Barcelona.

Aproveitamos para preguntarlle tamén por que non estaban as ferramentas de Google traducidas a galegoe explicounos que a razón era a mesma. Os governos catalán e vasco asinaran/pagaran acordos de tradución e o noso non. Ofrecémoslle o noso equipo para facer a tradución e comprometernos ás actualizacións por un tempo razoábel pero dixo que Google non traballaba así.

Preguntamos entón que pasaría se o noso governo nunca chegaba a falar con eles. Explicounos que Google tamén leva a cabo as súas propias traducións e que ten unha relación de linguas ás que ten planificado traducir as súas ferramentas aínda que non conte con cartos institucionais. Queredes saber o lugar que ocupa o galego nesa lista? Eu tamén.

Google to Scan Lyon’s Library.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
Publicado en análise | Sin Comentarios

Os libros MacMillan volven a casa polo Entroido

Aínda que nada se sabe oficialmente sobre o asunto, o New York Times apunta que o retorno de MacMillan aos andeis de Amazon podería deberse ao comrpomiso de MacMillan de non ofrecer prezos máis baratos a ningún outro distribuidor de contidos, e a permitir que os usuarios partillen os libros.

O que sexa soará...

Macmillan books back on Amazon | TeleRead: Bring the E-Books Home.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
Publicado en Recollido e traducido | Sin Comentarios

IziBook: plataforma de distribución

Izibook é unha plataforma de distribución de contidos deseñada para que as editoras de tamaño pequeno e mediano poidan establecer unha tenda online por un prezo moderado. A plataforma integra o DRM social, aínda que non se pecha a outros tipos de DRM máis restritivos.

IziBook distribution platform | Nate's Ebook News.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
Publicado en Recollido e anotado | Sin Comentarios

Reloxo de tinta electrónica

Phosphor E Ink watch review.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
Publicado en aplicacións | Sin Comentarios

A voltas cos epubs

Na ligazón seguinte atopamos bos consellos para eliminar caracteres non desexados de arquivos .doc, antes de convertelos a epub.

Mi reader Papyre 6.1 para libros electrónicos en ePUB (ebooks).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
Publicado en aplicacións | Sin Comentarios

O máis interesante do venres

Con demasiadas tarefas aínda por facer, déixovos unha selección das noticias que parecen máis interesantes:

Que teñades unha feliz finde. Vémonos nalgunha das 67 presentacións do libro 55 mentiras sobre a lingua galega. Tamén se pode seguir na rede en directo a presentación de Vigo, que retransmitiremos a través de prolingua e desde a portada de Blogaliza.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
Publicado en breves | Sin Comentarios

Este é o título da primeira publicación da plataforma Prolingua, que será presentado o próximo 5 de febreiro en máis de 60 localidades de todo o mundo.

“Esta publicación, coordinada polo profesor da Universidade de Vigo Xosé-Henrique Costas, pretende ser un argumentario sinxelo e clarificador, ao tempo que sólido e rigoroso, que axude a sociedade galega a comprender e superar aquelas valoracións e interpretacións subxectivas, ideoloxizadas desde unha óptica exclusivamente partidista, erróneas ou perversas que perseguen o obxectivo de actuaren de freo ao camiño da necesaria reposición e normalización de usos para a lingua galega no seo da súa sociedade.”

A colaboración de Blogaliza será retransmitir en directo desde esta portada e desde o blogue de Prolingua a presentación de Vigo, que terá lugar na Casa Galega da Cultura (Fundación Penzol) e na que intervirán Xosé Henrique Costas, Manuel Bragado, Agustín Fernández Paz. O streaming poderá seguirse desde o blogue de Prolingua e desde a portada de Blogaliza.

Ademais, se asistides en persoa a algunha das presentacións, queremos convidarvos a que fagades fotos e as subades a Flickr coa etiqueta prolingua, para poder localizalas todas e montar unha galería con elas.

Por último, para quen teña un móbil con conexión de datos: podedes rexistrarvos en Qik, descargar a aplicación e facer o voso propio streaming. Se o etiquetades como prolingua, tamén o ligaremos desde esta portada e o enviaremos ao blogue de Prolingua. Se tedes dúbidas sobre como facer algunha destas cousas podedes deixarnos un aviso.

Vémonos polo mundo enteiro o 5 de febreiro!

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
Publicado en eventos | Sin Comentarios

Propietarios de ereaders contentos

Segundo un estudo recente do grupo NPD, o 93% dos propietarios de lectores están moi satisfeitos cos seus aparellos. Imaxino que talvez porque responden ao perfil de usuarios que saben exactamente o que mercan e non levaron sorpresas. O que máis valoran dos gadgets, nun 60%, é a conectividade sen fíos. A pantalla táctil foi mencionada como cualidade de valor polo 23% dos que responderon á enquisa.

Alguén tiña dúbidas de que desta vez ía? Eu leo actualmente nun iPhone a través do Stanza. Se non teño un lector dedicado, como xa dixen varias veces, é porque me parece que son moi caros aínda para as prestacións que ofrecen e porque me gusta anotar os libros cando escribo, pero non estou disposta a que no lector me leve moito máis tempo do que no papel. Desta volta o futuro está a tiro de pedra e creo que cada vez somos máis os que queremos experimentalo.

víaNate's Ebook News · E-reader owners are happy with their gadgets.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
Publicado en Recollido e anotado | Sin Comentarios