Ben achada
Comezo o meu novo blogue con catro noticias que chaman a miña atención na revista Qué leer deste mes: O Consello irlandés das Artes acaba de retirar a subvención ao Irish Writer's Centre, Katmandú proponse alfabetizar un millón de habitantes en tres meses a base de voluntarios, e que o 86% das estudantes xaponesas de Secundaria e o 75% das de primaria len novelas para móbil. O 75% por cento das de Primaria, eliminen as de 1º e 2º curso e alucinen!
Acabo de ir deitar a pelacha e tivemos unha conversa ben interesante. A pelacha estaba a piques de comer un moco e con cara de noxo animeina a que non o fixese. Expliqueille que os mocos eran unha especie de filtro onde ficaba atrapado todo o lixo que traía o ar. Desde area e po a mesmo algún becho pequeno. Ela engadiu que cando mastigaba os mocos que atrapaba co dedo no nariz atopaba cousiñas duras no medio e preguntou se os mocos tamén contiñan fungos. Poooois, claro, díxenlle eu. Entón ficou aterrorizada e dixo toda convencida que non o volvería facer nunca máis.

