Culturgal09

Creo que o feito de que a Xunta non apoie o Culturgal09 non é razón para que non se faga, creo que debemos facelo coa axuda da cidadanía.

Acabo de abrir un grupo no Facebook para organizarnos as persoas interesadas en que se celebre Culturgal09. Ten 10 membros en 30' de vida. Se hai xente interesada podemos abrir un blogue e sacar a conversa fóra do Facebook.

Texto do grupo aberto en Facebook:

"Como non é preciso o diñeiro da Xunta para facer a cultura que queremos, ofrecemos a nosa colaboración para podermos celebrar o Culturgal 2009.
Podes escribir un comentario explicando o que estás dispost@ a facer polo Culturgal 2009.
Se che parece pertinente podes convidar a se uniren outras persoas que penses que poden estar interesadas.
Se consideramos que somos suficientes para nos poñer a andar, podemos levar a conversa a un blogue, onde a xente que non está no Facebook tamén poida participar."
Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
Publicado en Culturgal09 | Sin Comentarios

Deja un Comentario

Por favor, respeta a los demás usuarios. Tu email no se publicará.