Interliteral 09: Dolores Romero, A literatura na era dixital

Como afecta o paradigma dixital á literatura en xeral?

A administración está a traballar adecuadamente dixitalizando contidos a unha boa marcha, a través da Biblioteca Virtual Cervantes e a Biblioteca Digital Siglo XXI. Tamén facilitando o acceso aos contidos e ás bibliotecas a través do proxecto EX LIBRIS, con acceso ás bibliotecas do mundo (aínda que en moitos casos non poidamos consultar os llibros.

D. Romero, membro de CEDRO, lamenta o perigo que corren os textos ante a perda de dereitos de autor e que convive co esforzo enorme que está a facer CEDRO para chegar a acordos sobre dereitos.

Na Complutense non reciben beneficios de ningún tipo polo esforzo do profesorado para pasar as leccións a formatos dixitais mais fano porque saben que é a súa responsabilidade.

Non esixe aos seus estudantes a adquisición dun lector de libros electrónicos aínda que lle acaba de explicar o comercial de Ylliad, que está na entrada da Biblioteca onde se celebran estas xornadas, que serán o futuro da lectura.

17092009789

As obras dixitais non se poden imprimir, non se pode premer o botón da impresora e darlle a imprimir. Iso xa supón unha mudanza de paradigmas.

El futuro de la nueva literatura está en saber evolucionar de manera divergente.

Relaciona varios repertorios de literatura dixital, segundo as súas palabras pobres de obras e sen actualizar. Bota en falta un directorio “que aglutine toda la producción de literatura digital en lengua española”.

Debemos tomar exemplo dos directorios en inglés pero tamén exemplos moi dignos de directoreios franceses como Aquoisarime ou portugueses. (síntoo, non me da tempo a copiar as ligazóns da pantalla).

Os autores de literatura dixital son en xeral descoñecidos.

A autoría e partillada con patrocinadores, técnicos colaboradores, etc.

Hai moitos proxectos desenvolvidos por alunos de xornalismo, que son esixidos polo profesorado.

Xénero policiaco, xénero aventuras e diarios son os maioritarios nestes primeiros textos escritos en España.

Gústalle pensar que estes novos creadores son cultos porque están alfabetizados electronicamente e todo isto está vinculado á universidade.

Como conclusión: a literatura dixital interesa tanto porque todos buscamos a identidade do tempo.

Notas e curiosidades:

Pregúntome por que a estas alturas aínda estamos a picar manualmente as ligazóns de que nos falan os relatores.

Paréceme falto de ética que os profesores universitarios, aos que lles pagamos entre todos por investigar e publicar, pertenzan a asociacións privadas de recadación de dereitos de autor.

As presentacións que usa (moldes de diapositivas, tipografías, cores e formas vectoriais) son como da versión fundacionalde Power Point.

E aquí aínda ninguén falou de software libre, que curioso.

Chuzame! A Facebook A Twitter

2 reflexións sobre “Interliteral 09: Dolores Romero, A literatura na era dixital

  1. Pingback: Interliteral 09: Dolores Romero, A literatura na era dixital

  2. Pois si que resulta curioso que profesores universitarios asistan a este tipo de congresos representando a asociacións de recadación de dereitos de autor.
    Eu, en calquera caso, penso que a literatura electrónica precisa dun pulo e que de ningún xeito a dixitalización de textos é negativa para os autores.
    Por certo, moi interesantes estes resumos que estás achegando do Interliteral.