A xeración de ente 11 e 16 xa está a construír os seus propios contidos a medida porque a oferta existente non os satisfai.
Estamos a presenciar a morte do 80/20 (con ter o 20% dos produtos que a xente procura é suficiente. Non é preciso ter o que demanda a minoría) e o renacer da longa cola (Chris Anderson pensa que internet posibilita o gran mercado das minorías).
A CNN deu a noticia da morte de Michael Jackson sen confirmala primeiro porque saiu nun blogue e sabía que o consumidor chegaría a ela mesmo sen a tele e antes dela.
O mercado non acapara a rexión dos contidos e cando queira facelo chegará tarde, así que probabelmente o modelo económico non está preparado para esta nova realidade.
A realidade aumentada ou ibicuidade como outra forma de xerar contidos: chegará un momento en que paseando por calquera lugar poderemos ter información doutras persoas cando procuramos algo como un restaurante, e podemos percibir a través dun dispositivo as valoracións doutros clientes, mesmo a de alguén que pase por ese lugar no mesmo momento e con quen poida eu falar directamente.
Por que triunfa Wikipedia? Un asistente cre que é porque é moi fácil facer que a base de datos medre. O relator pensa que o seu éxito está na dispoñibilidade, xa que case calquera palabra aparece entre os cinco primeiros resultados (aínda que eu creo que isto é máis unha consecuencia que unha causa).
Wikanda é un proxecto andaluz para andaluces do interior e do exterior:
[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/Ihr3npBEsmI" width="425" height="350" wmode="transparent" /]
Dan cabida a contidos que non teñen interese universal pero que supoñen conservación de palabras, costumes, etc. por iso non é competencia da Wikipedia nin dunha enciclopedia andaluza.
Wikanda ten un acordo con Wikipedia, de modo que todas as súas entradas soben á Wikipedia e logo esta decide se lles interesan ou non.
Notas e curiosidades:
Os voluntarios dixitais da sala piden ao conferenciante que lles pase o vídeo de OyuTube que acaba de pasar, si, ese mesmo que acabo de engaddir aí arriba. O conferenciante responde que el o ten no ordenador pero que o poden conseguir no Youtube aínda que non sabe se o poden descargar do YouTube. Os voultarios dixitais infórmano de que si é posíbel con Zamzar. O conferenciante conclúe dicindo que todo é posíbel hoxe en día.
A organización di estar sorprendida polo ruído que está a facer na rede o evento Interliteral.
Pingback: Interliteral 09: Rafael Alcoholado, Generación colectiva del conocimiento