Así de categórico, Paul Graham estráñase de que os editores estean doídos porque os lectores non pagan actualmente polos contidos, cando eles nunca llos venderon. Se realmente lles vendían contidos, por que o prezo sempre viña marcado polo soporte e non pola súa callidade, de modo que os mellores contidos custasen máis que os maluchos? A única razón de que gañen menos cartos agora é porque a xente precisa menos papel.
Opina que aínda sen saber quen gañará a partida, os gañadores haberán de ser quen ven con optimismo as novas tecnoloxías que fornecen os consumidores produtos que antes non podían conseguir. Os perdedores costuman estar entre os que opoñen ao uso das novas tecnoloxías porque ven nelas a encarnación da peste que vén acabar co seu negocio.
Eu tamén creo que como consumidores nos opoñemos á actitude dos empresarios porque sabemos que non van conseguir o seu propósito de manter un negocio onde a técnica muda todo agás os seus desexos, mais xa me escama a min esa cortedade de perspectiva tan xeneralizada.
Readers are not paying for content | TeleRead: Bring the E-Books Home.
Pingback: Os lectores nunca pagaron polos contidos