“Falaba cun xornalista cando souben da concesión do Nobel a Herta Müller, a escritora romanesa de lingua alemá. Pensei que era unha brincadeira e díxenlle tan farruco que non me soaba de nada. A verdade é que axiña me decatei que se trataba da autora d’ O home é un grande faisán no mundo, obra que publicamos en 2001 como un dos primeiros títulos da serie «As literatas» (catorce extraordinarios títulos de narrativa escrita por mulleres) que dirixe a escritora María Xosé Queizán.”"
víaBrétemas » Xerais, Herta Müller e o Nobel.