“Os lectores de Internet tamén terán estas novas pola tarde, pero pola mañá pretendemos ofrecer un plus aos lectores que compran cada día o xornal, sexan no quiosco o mediante subscrición. Sen eles non serían posibles esas exclusivas, xa que non habería xeito de pagar aos xornalistas que escriben reportaxes así.”
Equivócanse por completo. Non están a ofrecer un plus aos lectores que mercan o xornal en papel, senón penalizando os que o len na rede. Nin sequera ofrecen a opción de micropagamentos -seguramente porque comporta un gasto inasumíbel para as expectativas de vendas- como fan outros medios que andan a experimentar actualmente co sistema de subscricións “por pezas”.
Como se pode apostar pola versión en papel para aumentar vendas, cando todos os medios van costa abaixo neste camiño, e menos aínda sendo un medio novo e minoritario?
víaXornal de Galicia pon atrancos á súa propia páxina web – Código Cero – Diario Tecnolóxico de Galicia.
Pingback: Xornal de Galicia penaliza os lectores da súa versión dixital
Pingback: marcus.es » Jornal de Galicia