Até 8.500 de 200 editoras poderá ofrecer Amazon proximamente a través de impresión baixo demanda.
Amazon chega a un acordo con Publidisa – Código Cero – Diario Tecnolóxico de Galicia.
Até 8.500 de 200 editoras poderá ofrecer Amazon proximamente a través de impresión baixo demanda.
Amazon chega a un acordo con Publidisa – Código Cero – Diario Tecnolóxico de Galicia.
O próximo mes Disney desvelará a tecnoloxía con que dará servizo aos seus clientes para a visualización de filmes desde calquera dispositivo conectado á rede. A proposta de acceso permanente e desde múltiplos dispositivos aos contidos polos que pagamos non é cousa nova, foi unha das primeiras noticias que escoitamos sobre o funcionamento de Google Books. Deste modo un filme mercado está asociado a unha conta de correo/a un usuario que pode acceder a el mais non copialo nin compartilo. o sentido da posesión dun ben substitúese polo de acceso ilimitado -e social, debe ser- e todos deberemos pasar por taquilla ou ver a peli cos nosos amigos que a pagaron.
A min paréceme ben, desde logo, sempre que a conexión móbil non custe o que custa aínda agora, ou sempre que me poida conectar por wifi a redes públicas. Aínda que talvez sexan precisas as dúas versións do servizo inicialmente, de modo que os coleccionadores de bytes sigan podendo encher discos duros e os que tanto nos ten poidamos descargar na casa certos contidos que queiramos ver no móbil, na casa da aldea onde non temos banda larga ou no carro mentres imos de viaxe.
Disney to offer “Keychest” cloud-based solution for content across devices – Pocket-lint.
A pelacha leva tres días na casa por mor dunhas anxinas que a teñen convertido na nena máis sensíbel e sensibilizada do universo. Os primeiros días quixo marchar para a casa dos avós tan axiña como almorzaba mais onte e hoxe ficou na casa a ver a tele basicamente. Así como o pelacho se descontrola todo con calquera actividade que signifique tempo prolongado diante dunha pantalla, a pelacha non parece acusalo do mesmo modo, por iso cando anda pochiña a deixamos desquitarse. Mentres nós traballamos nos nosos ordenadores e respondemos as súas preguntas e seguimos os seus comentarios durante toda a mañá.
O caso é que leva toda a mañá a ver a tele e agora quería ver Ponyo…
-Anda que vas boa de tele hoxe, eh!
-E ti de ordenador, eh!
Rompín a rir a gargalladas e houben de lle recoñecer que tiña razón. Toca Ponyo para ela e máis ordenador para min.
A maioría do 56% lectores, que usan internet para recoller suxestións de lecturas, non usa as redes sociais para este propósito. E só o 17% dos lectores que consultan a rede fan procuras en Twitter, mentres que as webs das editoras e das distribuidoras recollen o 83% das pesquisas.
O club de lectura en Twitter de Jonathan Ross recibiu atención nos principais medios cando se abriu en maio, noentanto non volveu ser actualizado desde xullo
Sara Lloyd, digital director de Pan Macmillan, declarou: “A tendencia das empresas é usar as redes sociais como vehículo onde poden cortar e pegar as estratexias tradicionais de márqueting nun no contorno das redes sociais.”
Jeremy Ettinghausen, digital publisher de Penguin, dixo que as webs de redes sociais están na súa primeira infancia. E que os medios dedican unha cantidade de tempo desproporcionada a falar de Twitter, como se facía con Second Life hai un par de anos.
O estudo que se comenta neste artigo tamén indica que o 87% dos lectores esperan que os ebooks custen menos que os libros físicos. Só o 12% pensa que deberían custar o mesmo
Lovereading entrevistou unhas 1.300 persoas, a maioría de eles compradores habituais de libros.
víaTwitter lacks noise with serious readers | theBookseller.com.
Que pasará coas nosas redes de blbliotecas nos próximos anos? E se pensan que todos os traballadores son funcionarios e que van estar nos seus postos até que xubilen, están equivocados. Non sei agora mesmo mais hai 4 anos tiven unha compañeira de traballo que tiña dous empregos. O posto en que non coincidía comigo era na biblioteca infantil de Durán Loriga na Coruña. Segundo ela me contaba, traballaba para unha empresa que tiña a concesión, facía practicamente unha xornada completa en tres tramos diferentes que ían das 9 da mañá ás 9 da noite, e cobraba arredor de 500 € ao mes.
Edinburgh’s librarians “completely demoralised” after service restructure | theBookseller.com.
| Dedicado a Edu |
Kindle | Nook |
![]() |
![]() |
|
| Canto? | 259 $ tanto a versión dos EUA como a versión internacional comercializada desde esta semana, | 259 $ |
| Onde se vende? | Estados Unidos e Europa. | Só nos Estados Unidos polo momento |
| Como se le? | Navegación con teclado. Anotación lenta e engorrosa, disque. | Navegación en pantalla táctil a cores LCD. |
| Noutros aparellos? | Aplicación Kindle para iPhone e agora tamén para PC. Permite sincronización entre os distintos dispositivos dun mesmo usuario. | Aplicación para iPhone, Blackberry e PC. Prometida proximamente para outros dispositivos e para Android. |
Kindle aterriza en el PC. Soybits.
Tras moitas reprimendas recibidas por non exercer políticas anti-reprodución de contidos protexidos por dereitos de autor, China dá agora a volta á tortilla e encirra a Asociación chinesa do copyright en contra de Google Books e directamente do governos dos Estados Unidos.
A Asociación do Copyright denuncia que son polo menos 570 os escritores e 18.000 os libros escaneados no arquivo de Google Books sen ningún tipo de autorización.
víaChinese copyright society opposes Google | TeleRead: Bring the E-Books Home.
Se non queres descargar a aplicación de Facebook para o móbil podes consultar os últimos movementos no teu perfil a través do subdominio de Facebook http://touch.facebook.com
Facebook touchscreen homepage launches – Pocket-lint.