“Este lanzamento de dúas novidades literarias en formatos impreso e electrónico simultaneamente constitúe un feito inédito na historia da edición galega e, aínda, moi pouco frecuente na edición internacional. Nos próximos meses, Xerais ampliará o seu catálogo de e-books con novos títulos das coleccións Narrativa, Poesía e Ensaio, tanto de novidades como de títulos de fondo actualmente descatalogados que se ofrecerán ao lectores e lectoras só en formato electrónico. O libro electrónico literario en galego abre a súa verea da man de Xerais.”
Cando se deixe de falar tanto da desaparición dos libros en papel en abstracto, como cambio que terá serias consecuencias na estruturación do pensamento e nos costumes dos humanos, moito me temo que comezarán a aparecer noticias de editoras que abandonan o papel en favor da publicación dixital en exclusiva, como agora acontece a diario con xornais e revistas. E o noso sistema literario e outros de tamaño e características próximos ao noso, serán dos primeiros en abandonar maioritariamente as edicións de novidades en papel?
víaXa á venda os primeiros e-books de Xerais « Xerais.