Simposio da AGE sobre o libro dixital

42823643

Despois de ler a anotación do meu compañeiro Pedro/Goretoxo (segundo pola esquerda), pouco máis que dicir se me ocorre cando, ademais, só puiden asistir a unha das xornadas. Sobre o que quero deixar constancia é sobre a cantidade de preguntas que tanto editores como libreiros por fin se fan, mais as respostas á maioría delas son como moito relativas. Os libreiros aparentaban ser os máis temerosos de desapareceren no primeiro elo que a cadea perderá coa que case se acepta como inevitábel entrada masiva do libro dixital na vida das persoas. Están dispostos a poñerse as pilas, mais para iso as editoras deberían telas xa postas, e non parece ser o caso.

Teño a impresión de que unha estratexia común é precisa, unha estratexia que polo menos converta en 1 +1 en 2, nunca en menos. O SLG é cativo en termos relativos, que son os verdadeiramente reais, e un libro galego será case imposíbel de atopar se non se garda cos outros libros galegos.

Canto ao prezo, rexeito por completo a afirmación do representante de Publidisa no Simposio, de que curiosamente, os custos da produción en papel e da distribución coinciden ao milímetro cos custos da tecnoloxía precisa para crear un libro dixital mais os custos de almacenamento no servidor. Isto é unha gran mentira! Publidisa fai ben en cobrar ás editoras o 50% do prezo final de cada libro se estas están dispostas a pagalo, mais un libro de texto plano non pode custar 20 €, en realidade non debería custar máis de 5 € no caso das novidades. E as editoras deberían ir pensando en dixitalizar os seus catálogos e ofrecer distintas alternativas de subscrición.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Unha reflexión sobre “Simposio da AGE sobre o libro dixital

  1. Pingback: libro dixital: presente e futuro | de mares, portos e portas