Brétemas sobre o futuro dos libros dixitais

“No entanto, se non se supera a actual identificación do dixital co gratuito para unha boa parte dos usuarios de Internet todo o contido que alí aparece debe ser de balde, esquecendo o pagamento que realizan polo servizo de acceso ou polos caros consumibles das impresoras, non haberá posibilidade de reconstruír unha cadea de valor intersectorial para a edición profesional dos libros dixitais. Unha cadea que, respectando o protagonismo do autor, contemple as funcións de editores centrados sobre o tratamento do contido e libreiros especializados na promoción do produto, profesionais sobre os que se asentou o noble oficio da edición dende que naceu na sociedade romana. Todo o sector do libro, como o da comunicación cultural no seu conxunto, está obrigado a iniciar esta mudanza de rumbo, na que convivirán libros impresos e dixitais e nas que haberá que responder a moitas preguntas e despexar moitas incerteza.”

Por favor, non xeneralicemos, nin equiparemos os internautas estodounidenses cos chineses, cos franceses, cos españois nin cos galegos. Como xa dixen algunha vez máis neste mesmo blogue, o público lector do libro galego é militante. Eu creo que esa é a única razón pola que a comunidada aínda non deu en dixitalizar o corpus pola súa conta.

Somos un país pequeno, coñecémonos todos; os escritores, único elo sen o cal non pode haber literatura, non viven dela. Non sería boa cousa chegar a un acordo entre todos? Por que non adiantármonos por unha vez e procurar un acordo social no ámbito do libro? A tecnoloxía está esta vez da nosa parte, só faltaría dicidir o que queremos e como estariamos dispostos a facelo.

víaBrétemas » O futuro dos libros dixitais.

Chuzame! A Facebook A Twitter