FICOD: obradoiro de autoedición
Estou en FICOD en Madrid, a feira dos contidos dixitais que alberga a Feira do libro dixital edición cero. O primeiro evento ao que asisto é un obradoiro de autoedición impartido por Marta Bernal de Bubok. Somos arredor de 50 asistentes, dos cales hai 2 que teñen libro publicado en Bubok, servizo de publicación e impresión baixo demanda. Creo que só dous temos o portátil aberto.
A miña impresión cando lles botei unha ollada foi que era moderadamente simple subir e compoñer o libro, que as opcións de impresión eran suficientemente variadas pero o prezo parecérame excesivamente caro, sobre todo para tiraxes moi pequenas.
"O libro máis vendido de Bubok leva 600 exemplares"
Marta comeza destacando a usabilidade do servizo e a variedade de opcións para o produto final.
O perfil de autor pode asociarse a redes sociais. Os libros poden ser votados polos lectores.
Unha vez cubertos os gastos de edición, o autor decide se quere gañar cartos co libro ou non. Do prezo que engade o autor para o seu beneficio Bubok recibe o 20%. O pagamento pode ser mediante varios métodos como Paypal ou por teléfono.
Se o autor quere ter presenza en librarías debe contratar o ISBN directamente na Axencia do ISBN gratuitamente ou contratalo a través de Bubok, que tamén se encarga do envío dos 5 exemplares ao Depósito legal.
"O libro dixital normalmente regálase en Bubok"
Bubok ofrece a distribución a unhas 100 librarías cando algunha destas solicita exemplares de calquera dos libros publicados en Bubok. Para isto o libro debe ter ISBN e Depósito legal, non conter faltas de ortografía nin pixelados na portada. Se o autor quere que o seu libro entre no catálogo aberto ás librarías debe pagar 39 € a Bubok pola revisión.
"A marxe media de beneficio do autor é de 3 €"
Antes de subir un libro a Bubok:
-Escoller tamaño entre as 7 opcións posíbeis.
-Contar cunha versión PDF do libro.
-Ter en conta as marxes ao maquetar o documento.
-Ter en conta as páxinas de cortesía.
-Solicitar un exemplar de proba antes de promocionar a venda do libro.
Subir un libro:
-Subir PDF.
-Introducir datos da obra.
-Escoller formato (tamaño, cor, papel).
-Escoller capa.
-Escoller só descarga PDF e/ou impresión baixo demanda.
-Escoller prezo. (se o autor decide cobrar beneficios polo libro, estes serán ingresados por transferencia por Bubok).
Conta que teñen moito éxito entre os estudantes que elaboran apuntamentos de calidade. Acabouse iso de pedir os pauntamentos prestados.
Teñen 15.000 libros publicados. A partir de 2010 ofrecerán máis servizos, como a promoción en prensa e webs especializadas e coaching literario.
Hai editoras que utilizan Bubok com plataforma de impresión de libro descatalogado, tamén a Biblioteca Nacional, Dédalo, etc.


nov 24, 2009 a las 9:55 pm
FICOD: obradoiro de autoedición | O levantador de minas dice,
[...] pode asociarse a redes sociais. Os libros poden ser votados polos lectores. [...]» (Ler máis en Tati Mancebo) This entry was posted in Tati Mancebo, libro dixital and tagged libro digital, libro [...]