Aínda que falar do Xapón non quere dicir falar de futuro, pois é ben sabido que os mercados e mesmo a distribución de usos dos dispositivos é substancialmente diferente, sirva como unha mostra do que pode ser un adianto de asuntos que atoparemos no camiño proximanente. Entresaco as ideas que me parecen máis relevantes:
Ideas xerais:
-O mercado do ebook vense duplicando anualmente desde 2002.
-Desde 2007 as comunidades centradas en bibliotecas comentan activamente as novidades sobre o libro electrónico.
-Bibliotecas públicas e universitarias ofrecen versión ebook de títulos protexidos por dereitos de autor aos usuarios tras acordos de pagamento aos propietarios dos dereitos.
-As novelas para móbiles, moi populares entre os máis novos desde hai anos, deron o salto non só ao papel, senón tamén á lista de mais vendidos.
-Os ebooks para móbiles supoñen o 80% das vendas totais de ebooks, incluídos os ebooks para PCs.
-As tendas online rexistradas oficialmente como librarías de ebooks superaban as 600 en decembro de 2008.
-As editoras en papel implicáronse rapidamente na nova vía de edición, que supoñía crear contidos novos orientados de modo nativo para novos dispositivos, ben contratando creadores de contidos, ben investindo diñeiro en novas empresas de creación de contidos para os dispositivos móbiles.
-Usuario maioritario: muller.
-Contido maioritario: banda deseñada.
-Servizo a organizacións como as bibliotecas: subscrición a catálogo. (As bibliotecas xa estaban a facer esforzos para dixitalizar os seus catálogos)
-A conservación dos datos (ebooks) a longo prazo debe ser unha función asumida polas bibliotecas en colaboración coa industria. De aí a importancia da comunicación entre ambas as dúas pólas desde os primeiros días da nova industria, que é tamén un novo modo de almacenamento da información.
-Os libros, estean no formato en que estean, son un ben cultural que debe ser conservado e mesmo convertido periodicamente ao formato máis adecuado en cada momento.
-O obxectivo deste estudo é que constitúa unha oportunidade para que editoras, creadores de contidos, operadoras telefónicas e bibliotecas constrúan unha relación baseada na cooperación para os lectores e os usuarios do futuro.
Ebooks in Japan – distribution, use and preservation | TeleRead: Bring the E-Books Home.