Random House enviou hai uns días unha carta a diversos axentes literarios informándoos de que os contratos subscritos con autores con anterioridade á aparición do libro dixital, contemplan o dereito de publicación en calquera formato, o que inclúe o formato dixital.
A mesma editora quixo impedir que RosettaBookS LLC editase ebooks de autores incluídos no caso anterior, isto é, publicados con anterioridade por Random House. A lei negoulle ese dereito en 2001.
Comezan a aparecer reaccions entre os axentes, varios dos cales opinan que ningunha editora, se falamos de contratos de máis de 20 anos de antiguidade, pode ter o dereito directo recollido nos termos do contrato, cando nese momento aínda non existía nin o concepto de libro dixital.
víaRandom House US asserts digital rights to older titles | theBookseller.com.