Wattpad e Lulu, o círculo que se pecha

Xa falei en varias ocasións de Wattpad, un lugar pensado para que os autores suban as súas obras para seren lidas online e comentadas pola comunidade. O que  comentei con anterioridade foi que na sección en castelán son os lectores os suben obras non propias e que novelas como as de Falcones e Larsson suman miles de lectores.

Pois ben, acaba de anunciarse que Lulu, o pioneiro da distribución de libros de impresión baixo demanda -e que vende os libros moi caros, na miña opinión-, se asocia con Wattpad para vender en papel os libros aloxados en Wattpad.

Lulu to print, sell and promote WattPad writers’ e-books | TeleRead: Bring the E-Books Home.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Quen dixo medo

En 2009 publicáronse no Reino Unido 133.000 libros novos. É curioso porque veñen a ser uns 365 libros cada un dos 365 días do ano, se contásemos sábados e domingos.

BAixaron as vendas a respecto de 2008? Non, aumentaron arredor dun 3,2%.

UK publishes more books than ever in 2009 | theBookseller.com.

Chuzame! A Facebook A Twitter

No camiño das subscricións

Spotify ten máis de 7 millóns de usuarios, dos cales aproximadamente pagan unha subscrición de 10 € ao mes por escoitar música sen cortes publicitarios e acceder a áreas de contidos exclusivas para os sobscritores.

Si, son uns ingresos de 2 millóns e medio de euros ao mes. Hai algún tempo todo o munso dicía que o sistema de pago por subscrición e streaming eran insostíbeis. Pasará moito tempo até que poidamos acceder a servizos de lectura similares?

Spotifys Premium service growing fast – Pocket-lint.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Que vén o libro electrónico

(Anotación escrita para a portada de hoxe de blogaliza.org)

Hai semanas en que o libro dixital non produce gran cantidade de noticias, hai semanas en que as noticias se centran nos lectores de ebooks. A semana pasada Apple anunciou un evento de presentación sorpresa para o día 27 de xaneiro e a tinta comezou a rodar. Amazon presentou a oferta para autores venderen directamente os seus libros -pensando sobre todo nos títulos antigos, esgotados e descatalogados-, tamén presentou a súa plataforma, ao máis puro estilo iStore, onde os desenvolvedores poden crear e testar online as súas aplicacións, facendo ver que as acusacións de sistema fechado que se facían ao Kindle están lonxe de ser certas. Nestes dáis seguíronse anunciando novos lectores de libros e comezan a anunciarse para febreiro os primeiros tablets que poden cumprir as expectativas dos usuarios que queren reunir nun só aparello ordenador, navegador e lector cómodo de libros, con sistemas que combinan as pantallas a cores e as de tinta electrónica e similares.

A dous días do evento de Apple, aínda non sabemos o que é que van presentar. Moitos soñamos que vai ser un ordenador flexíbel, rápido, con grande autonomía e que tamén nos permita falar por teléfono, mais isto aínda está por ver porque podería significar queimar etapas dárnolo todo xunto e a bo prezo. Se Apple non o fai, cousa coa que eu conto, xa virán outros que aposten polo bo, bonito e barato, 2010 vai ser un ano intenso neste sentido. E se Apple se decide a facelo, entón a situación mudará moito máis rápido do que ninguén pensaba até hoxe e viviremos unha etapa moi animada na creación de contidos. O ton xeral desta revolución que estamos a experimentar acadará cotas inimaxinadas e, aínda que por un tempo andemos un bocado perdidos entre todas as opcións que teremos á man, as oportunidades que se abren, en condicións de relativa igualdade para manifestacións culturais de moi distinto tamaño, serán aínda maiores do que hoxe coñecemos.

Polo de pronto, unhas cantas ligazóns fresquiñas do día, que dan idea do que estou a falar:

-Vook entra na edición de clásicos enriquecidos coa Illa do tesouro.

-Os libros de O’Reilly, agora sen DRM, aumentan as vendas nun 104% en 2009.

-Vodafone vende 200.000 iPhones nunha semana. 100.000 iPhones = 100.000 lectores de ebooks.

-Ian McEwan asina contrato en exclusiva con Amazon coa intención de duplicar beneficios polo fondo do seu catĺogo.

Chuzame! A Facebook A Twitter

300 autores de “high profile” presentan documento contra o asentamento de Google Books

“A difusión libre e de balde da información e da literatura, como se dá nas bibliotecas públicas, pode e debe existir nos medios electrónicos. Todos os autores esperan tal cousa… mais non podemos ter difusión libre e de balde da literatra a menos que o uso dos materiais escritos continúe a ser controlado polos que escriben ou polos que ostentan a propiedade dos seus dereitos, … Animamos o noso governo e a nosa xustiza para que non permitan que ningunha corporación sortee a lei da propiedade intelectual ou dicte os termos de tal control.”

víaHigh profile authors petition against Google Book Settlement | TeleRead: Bring the E-Books Home.

Chuzame! A Facebook A Twitter

E dixo a pelacha…

-Nos corpos da xente nace a música, verdade que si?

Chuzame! A Facebook A Twitter

Amazon quere poñer as regras

Foi a gran noticia de onte no mundo do libro dixital, mais como estabamos de folga non a comentamos, así que daremos algúns detalles agora:

-Amazon quere subir os dereitos dos autores até o 7o% para os libros que custen entre 2.99 $ e 9.99 $, nun intento por fixar o prezo estándar do ebook entre esas marxes. Esta medida entrará en vigor a partir do 30 de xuño só nos EUA inicialmente, e só afecta aos títulos con copyright (posteriores a 1923).

-Os autores que utilicen a plataforma de autoedición de Amazon poderán decidir se os seus libros son distribuídos con ou sen DRM.

-O prezo de venda o público do ebook debe ser polo menos un 20% máis barato que a edición en papel.

-Os autores deben aceptar que os seus libros sexa convertidos a MP3 mediante o sintetizador de voz “texto to speach” incluído no Kindle.

-Amazon non esixe exclusividade mais os autores deben comprometerse a que os seus libros non se van vender máis baratos en ningún outro lugar.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Novas obxeccións francesas a Google Books

O Syndicat National de L’Edition, SNE, vai presentar 10 páxinas de novas obxeccións ao asentamento de Google Books.

víaQuick note: French Publishers Association to make new Google objections | TeleRead: Bring the E-Books Home.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Revista sueca con realidade aumentada

Que boísima idea: subscríbeste á revista, que che envían por correo postal periodicamente, vas á páxina correspondente, prendes a webcam do portátil e agardas a ver que pasa. Neste número un compañeiro para xogar a pedra,papel, tesoira. Xenial.

VIDEO: Augmented reality magazine debuts on t-shirt – Pocket-lint.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Poetry speaks

A través de Publishing perspectives descubro Poetry Speaks, un lugar onde vender e mercar poemas soltos a 0.99$ pola versión en MP3 ou a versión escrita e 1.50 $ polo par.

Unha rede social centrada na poesía ou unha tenda de poemas con rede social?

Is $0.99 the Fair Price for a Poem? .

Chuzame! A Facebook A Twitter