O libro de texto de MacMillan

MacMillan, unha das 5 maiores editoras de libro de texto do mundo está a anunciar DynamicBooks, software que permite ao profesor acceder á base de datos de materiais educativos e configurar o libro de texto dixital adecuado para cada grupo. O mesmo contorno é a libraría onde os estudantes mercan os libros e os autores -profes ou non- os venden. Mesmo contemplan a posibilidade de que Dynamicbooks acolla libros doutras editoras.

Preséntano como un libro de texto que o profesor pode personalizar para cada aluno e talvez sexa a presentación adecuada para o gran público nun momento en que aínda se están a converter moitos libros de papel a flash, para que os profes teñan a mesma experiencia na pantalla que no papel.

No pasado FICOD o director de contidos de Santillana confirmaba que seguían a transformar libros a flash pola demanda dos profes, mais estaban en teoría na procura de formatos mellores.

O que en realidade está a facer MacMillan é crear grandes bases de datos ben categorizadas e etiquetadas, con pontes entre áreas, que permiten acceder e organizar os contidos de maneira rápida e permitindo personalizalos para cada usuario ou aluno.

Como os libros serán altamente personalizados e, portanto non facilmente partillábeis, prometen prezos moito por baixo dos habituais para os libros de texto.

víaMacmillan will introduce DynamicBooks at O’Reilly TOC | Nate’s Ebook News.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Sribd, Vook…

Acabo de ler que ASI distribuirá boa parte do seu catálogo a través de Scribd, un dos servidores de documentos de texto máis grandes da rede, podemos dicir que o Youtube ou un dos Youtubes dos documentos de texto. Os autores recibirán o 50% dos ingresos e poderán fixar o prezo dos seus libros, aínda que o prezo por defecto será 9.99$

Por outra banda Vook, a editora que está a integrar vídeos orixinais en libros de autoaxuda, de cociña e de fición, acaba de recibir unha inxección de 2,5 millóns de dólares, que poderán permitirlle ampliar infraestruturas para seren quen de producir centos de libros á semana.

Cada vez está máis movido o panorama.

Quick Notes: Scribd, Vook, New York Times | TeleRead: Bring the E-Books Home.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Nintendo DSi XL novo lector de ebooks?

Aínda teño pendente por probar a app para a DS que anda por aí e que permite ler libros na consola (por certo, alguén a probou que quere contalo?) pero, na miña persoal cruzada por andar co menor número de aparellos posíbel, tamén me chistan as opcións que aparecen para os meus fillos. O meu fillo maior é un lector voraz, desde os 3 anos, antes de saber ler, os tebeos eran unha das súas maiores afeccións. Herdou toda a miña colección de Don Mickeys, e ten en depósito a de Copitos e a de Pulgarcitos de meus irmáns. Ademais encántanlle Mortadelo e Filemón. Como ten 9 anos xa le tamén moitos libros de historias como os do amigo Agustín, que son dos que máis lle gustan, e case calquera cousa que se lle poña por diante. Pero por riba de todo, o que máis lle gusta neste mundo é xogar coa DS, tanto é así que temos que dosificarlla en pequenas pílulas na finde e apartarlla da vista durante a semana polo de agora.

Gustaralle ler na DS? A ver se instalamos a app un día destes e o comprobamos. A ver qeu tal se ven os libros, a ver que formatos podemos usar…

A nova DSI XL case duplica o tamaño da pantalla do modelo anterior e parece que a Nintendo non lle pasa desapercibido que o seu gadget, por baixo dos 200 € pode ser o lector de libros ideal para moitas persoas se escollen ben o que lles ofrecen e como o fan.

Por outra banda, estanse a anunciar nestes días os primeiros lectores de libros especificamente deseñados para os nenos daren os seus primeiros pasos na lectura dixital. Non foi sorpresa comrpbar que son Fisher-Price e Vtech os primeiros produtores dus gadgets con pequenas pantallas táctiles a cores, con apps de lectura, escritura, xogos e música e que non pasarán dos 80 $.

Pola nosa casa aínda anda o lector de libros de papel de Vtech, unha de tantas mostras de xoguetes que os Reis Magos pensaron que farían tolear os nenos da casa. Noviño no armario :)

Polo momento a mellor opción das 3 semella a consola Nintendo.

Nintendo DSi XL – ebook reader for Europe? | TeleRead: Bring the E-Books Home.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Vodafone xa vende libros

“Vodafone España, el primer operador que ofrece eBooks a través de su Tienda de AplicacionesVodafone España se convierte en el primer operador en apostar por los eBooks. Los usuarios ya pueden disfrutar de más de 100 títulos en español gracias al reciente acuerdo firmado con TodoeBook.com para impulsar la comercialización de contenidos editoriales en dispositivos móviles. Según un estudio de esta librería electrónica, la venta de eBooks en España ha crecido un 500% en 2009. Vodafone 360 permite adquirir también eBooks en otros idiomas.”

víaVodaphone Spain adds ebooks to its App Store | Nate’s Ebook News.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Dime que precisas e direiche que rede

Cadro de redes sociais de Lifehacker

Which Social Network Is Right For You? – Social Networks – Lifehacker.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Onde nos leva isto?

William Baker, experto en medios de comunicación fala sobre os xornais e Internet:

“Para empezar, habría que cambiar las leyes antimonopolio y permitir a los medios de comunicación fijar precios conjuntos. Eso evitaría la tiranía del todo gratis. En estos momentos nadie se atreve a cobrar por sus contenidos en la Red por miedo a que los lectores se vayan a la competencia, cosa que cambiaría si se fijara un precio conjunto. Además, habría que asegurar el derecho al copyright. No puede ser que una empresa pague los costes de tener a un periodista investigando durante meses un tema y que después cualquiera pueda publicarlo cambiando ligeramente el texto. No puede ser que Google, Yahoo, los blogs… se nutran gratis de sus contenidos. Finalmente, también sería importante aumentar los recursos destinados a las empresas de comunicación públicas asegurando la independencia de su línea editorial.”

vía“Se está sustituyendo a los periodistas por relaciones públicas” · ELPAÍS.com.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Federación de gremios de editores: enquisa sobre o libro dixital

(Moi interesantes os datos sobre prezos que están ao final.)

Proyecto digital en las editoriales. De las 254 editoriales encuestados, el 80% de ellas declara realizar o tener previstas acciones en el ámbito digital durante el período 2009-2011. Entre ellas se encuentran representados todos los grandes grupos editoriales, editoriales especializadas en narrativa y ensayo, editoriales del libro científico-técnico, editoriales jurídicas, editoriales universitarias, editoriales de libro de texto…

Evolución de la digitalización del fondo. Al finalizar 2009, casi la mitad de las editoriales (el 44%) disponía de menos de un 5% de su catálogo digitalizado. En los dos próximos años el avance será notable, aunque al término de este período la oferta de catálogos completos en versión digital será limitada. En 2011, un tercio de las editoriales encuestadas tendrá digitalizado entre un 50% y un 100% de su catálogo, aunque solo el 12% dispondrá del catálogo íntegro en versión digital.

Impacto en la novedad. El impacto de la digitalización no es mayor en la novedad editorial que en el resto del catálogo. Es decir, la tendencia general de digitalización del catálogo se refleja, en porcentajes semejantes, en las novedades.

Comercialización de obra fragmentada. La tendencia a comercializar obra fragmentada (por ejemplo, en capítulos) será progresivamente mayor a lo largo de los dos próximos años. En 2010, el 40% de las editoriales contempla en sus planes comerciales esta opción y, en 2011, lo hará más de la mitad de las editoriales encuestadas.

Formatos. El formato PDF es predominante (el 80% de las editoriales preparará sus obras digitales en PDF en 2010), pero el formato que tendrá un crecimiento mayor será el ePUB (pasará de ser empleado por un 24% de las editoriales en 2009 a un 60% en 2011) Mobipocket será empleado por un tercio de las editoriales encuestadas y Mobipocket para Kindle por algo más del 10% (este porcentaje se mantiene prácticamente estable en 2010 y en 2011).

Canales de distribución y venta. Las editoriales emplearán simultáneamente distintos canales de distribución y venta para el libro digital, pero las opciones varían en función del tamaño de la editorial.

Política de precios. Los precios de la obra digital son y se prevé que sean inferiores a los de la obra impresa. Tan solo un 8% de las editoriales mantendrá el mismo precio en ambos soportes durante los años 2010 y 2011. El precio será un 30% inferior para un tercio de las editoriales encuestadas (el 35%) y unos 50% más baratos para un 24% más de ellas. Esta tendencia se mantiene durante 2010 y 2011.

víaFederación de gremios de editores.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Entrevistamos a Escohotado

Hai 17 anos estabamos Alfredo e eu co Chíqui Lozano e o Pedro Casteleiro, e cuns centos de persoas máis, nunha conferencia de Antonio Escohotado sobre o caos. Falaba das redes interconectadas a nivel mundial en tempo real e das posibilidades que o fenómeno abría para unha verdadeira democracia. Aquel comecei a albiscar ideas nas que aínda hoxe creo.

O Pedro preguntoulle algo que non lembro e Escohotado, logo darlle unha resposta que tampouco conservo, dixo ao noso amigo que esperaba poder cear con el aquela mesma noite. O escritor non sabía era que co Pedro levaba tamén todo o lote, e que acabariamos polos bares a altas horas da madrugada. Eu estaba fascinada pola súa facilidade de palabra e uns puntos de vista que me parecían exóticos porque aínda que revestidos de academicismo no estilo, ofrecían ideas que para min aínda soaban a novas. Tanto escoitaba eu que o Escohotado me preguntou por que eu non falaba nada. Creo que é a única vez que escoitei tal cousa. Volvémonos encontrar en Coruña noutra ocasión e estivemos na súa casa en Madrid haberá 12 anos. Despois diso non volvemos ter contacto algún.

Tomei o costume de ler os seus libros porque, aínda non estando de acordo con todo o que escribe -nin el mesmo o está pasado o tempo-  e considerando algúns dos seus libros mellores que outros, sempre aprendo moitísimo; o seu modo de presentar as ideas e de razoar obrígame a reflexionar.

Los enemigos del comercio pretende ser unha historia moral da propiedade privada, nas súas propias palabras, ou unha historia de occidente centrada na economía, pero é moito máis que iso: é, como xa dixen noutra ocasión, un tratado incontestábel de ateísmo, escrito con rigor e aténdose aos feitos. Tamén é unha obra estilisticamente engaiolante; aínda que todo o que di fose mentira, pagaría a pena lela só pola súa calidade literaria. É un libro que se deixa querer e que te quere cando o les.  Está escrito desde a necesidade de comprendernos do único modo en el considera que pode facerse, ollando cara ao pasado.

En escohotado.org pode lerse máis de medio libro, e durante moito tempo estivo o I volume completo.

Para abrir boca presentámosvos a versión curta da entrevista que fixemos a Antonio Escohotado o pasado 18 de novembro en Madrid. Se quedades con fame, podedes ver a versión completa, duns 45′, en blogaliza.tv

víaBlogaliza.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Nativa dixital pide que as bibliotecas…


What digital natives want from their library…02.17.10 « The Proverbial Lone Wolf Librarian’s Weblog.

Chuzame! A Facebook A Twitter