Estes son algúns dos datos obtidos da enquisa de Aptara sobre libro electrónico entre máis de 300 editoras dos EUA:
-A maior parte das editoras están a vender ebooks a través das súas propias tendas, perdendo así as oportunidades de negocio que ofrecen as grandes plataformas.
-As editoras están a producir ebooks que non poden lerse na maioría dos lectores de ebooks por problemas derivados de incompatibilidades e DRM.
-Máis do 50% das editoras que responderon a enquisa están a vender libros en formato electrónico.
-o 60% que non están a vender ebooks planean facelo proximamente.
-O 65% das editoras producen ebooks de títulos que tamén ofrecen en papel.
víaApatara survey of 300 publishers about ebook publishing | TeleRead: Bring the E-Books Home.