Penguin acaba de dar no albo cunha colección de clásicos editada en Australia, Nova Zelandia e India, da que leva vendidos máis de 250.000 exemplares en 3 meses. Baixo o mesmo prosuposto que a idea orixinal de Penguin: libros por menos do que custa un paquete de tabaco, Penguin lanzou esta colección, con títulos de dominio público entre outros que non o son, a 9,95 $.
Non estou certa porque fumo pouco e de liar, pero creo que un paquete de tabaco anda aquí por uns 3 €, sería este o prezo máximo para unha colección de éxito dos nosos clásicos? Ou deberían mesmo ter un prezo menor porque os nosos soldos son menores que os de australianos e neocelandeses? (sospeito que o caso da India é un bocado diferente, con ámbitos de venda restrinxidos case ás universidades, mesmo a través de recomendacións oficiais, mais isto é só unha suposición, pois tamén non coñecemos o desglosamento das vendas por países.)
Nos últimos días tivemos noticias dalgún proxecto galego no mesmo sentido. Oxalá lembren que o prezo do exemplar vai ser crucial para o seu suceso.
Is Penguin Trying to Rewrite History?.
Para poder poñer un prezo baixo é preciso recorrer a unha economía de escala, o cal no caso galego é imposible. Australia e NZ multiplican por 10 a poboación de Galiza. Se engadimos a India, a poboación multiplícase por 400. Xa é un tópico o cálculo feito por algúns editores segundo o cal no noso país, de 2,8 millóns de habitantes, hai unhas mil persoas que habitualmente mercan libros en galego. Se a proporción se mantén no caso australiano-neocelandés-indio dálles 400.000 exemplares vendidos.
Pingback: O prezo dos ebooks again | O levantador de minas
Pingback: Tati Mancebo » O prezo dos ebooks again