Libreiros franceses espilidos


Os libreiros franceses están a preparar unha plataforma común que non estará lista até xaneiro de 2011, é cando 9 librarías independentes, considerando que non deben agardar tanto tempo nin a que tanta xente consiga poñerse de acordo, deciden montar a súa propia plataforma, e fano. Entrarán en xaneiro na plataforma común, mais mantendo a súa autonomía e os seus recursos. Ademais, como son xente creativa, distribúen libros a domicilio en París en bicicleta. En menos de 3 horas desde a compra podes ter o teu libro na casa. Ah, e ademais fan un programa de radio.

Vía thebookseller

Chuzame! A Facebook A Twitter

Os comentarios están pechados.