probando android

image

proba de anotación con imaxe desde android

Chuzame! A Facebook A Twitter

Informe sobre literacidade no Reino Unido

-1 de cada 6 persoas tropeza coa literacidade. Isto significa que a súa literacidade está por baixo da que cabería esperar nunha persoa de 11 anos.

-A cuarta parte da mocidade non percibe que exista relación entre a lectura e o éxito.

Men and women with poor literacy are least likely to be in full-time employment at the age of thirty

-As persoas de literacidade pobre teñen menos probabilidades de conseguir emprego a tempo completo aos 30 anos.

-O 73% dos pais e das nais din que os seus fillos len habitualmente.

-O número de nenos e nenas que acadan os niveis de lectura esperados aos 11 anos aumentou do 78% en 1999 ao 86% en 2009.

The number of children achieving the expected levels for writing at age eleven increased from 54% to 67% in 2006, but this figure plateaued and remained  the same (67%) three years later in 2009

-O número de nenos e nenas que acadan os niveis esperados de escrita aos 11 anos aumentaron do 54% ao 67% en 2006, mais esta cifra permanece estática no 67%  en 2009.

víaUK Literacy Report released | The Digital Reader.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Aldiko: un bo lector de libros para Android

Desde que nos pasamos aos móbiles de Android, levamos experimentando moitos tipos de ferramentas, e unha das que nos teñen máis satisfeitos é Aldiko, unha aplicación tan sinxela como áxil para ler libros e organizar as nosas bibliotecas. Polo de agora non tivemos problemas de formatos, sempre e cando os libros non veñan blindados aos cambios, claro.  Podemos escoller fondo branco ou negro, dependendo de se estamos a ler con luz ou ás escuras, axustar o contraste, o temaño da tipografía, deixar marcas de lectura… en fin, todas esas cousas que tanto traballiño lles custa executar a algúns lectores dedicados.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Unha do pelacho

-La verdad es que tengo que dar las gracias a los escritores, por escribir libros.

-Gústanche os libros, eh!

-Sí, sobre todo los de tapa dura.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Uso de Facebook no sector editorial


Onte deuse a coñecer o 1º estudo sobre o uso de Facebook no sector editorial. Un bo espello onde confrontar boas prácticas, ideas e saber que andan a facer os grandes de España e que conseguen con iso.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Bieito Romero presenta ACoruñaSon10

Estamos en marcha con ACoruñaSon10, o certame de canción popular en galego a través de Internet que producimos por terceiro ano desde Algueirada para a Concellaría de Cultura do Concello da Coruña. Bieito participou xa no obradoiro do ano pasado cunha conferencia sobre música e tradición, mais este ano será un dos profes, xunto con Gastón Rodríguez, Andrés Teijeiro, Xabier Díaz e Carmen Rey, que ensinarán os 10 gañadores do certame moitas cousas sobre composición, arranxos, técnica vocal, autoedición e sobre todos os aspectos da produción musical.

Xa se poden escoitar moitas cancións en acorunason.eu

Chuzame! A Facebook A Twitter

Ferramentas online nas bibliotecas

Como sempre, unha anotación interesantísima no blogue do Proverbial Lone Wolf Librarian, esta vez centrada nas ferramentas online que as bibliotecas poden utilizar para promocionar as súas actividades, crear eventos na rede, relacionarse cos seus usuarios nas redes sociais e moito máis. Con referencias claras sobre onde acudir, os custos correspondentes a servizos de pago e exemplos de bibliotecas que teñen en marcha os seus plans de acción na rede.

Online Tools Your Library Needs Now & Why…04.06.10 « The Proverbial Lone Wolf Librarian’s Weblog.

Chuzame! A Facebook A Twitter