Tati Mancebo Tati Mancebo
Search
O exemplo de Seth Godin

Un exemplo para examinar con lupa e aprender moito de cada unha das súas palabras. É certo que é un escritor famoso, moi famoso, mais iso non resta mérito á súa proposta. Nas 3 primeiras horas desde a solicitude de financiamento para o seu próximo libro reuniu os $ 40.000 que pretendía conseguir. Hoxe, un par de días despois, leva recadados máis de $ 200.000 xa.

Un vídeo directo e claro, unha exposición franca e ben estruturada e unha colección de recompensas moi apetecíbeis para as persoas que o seguen con interese foron a clave da súa colleita.

Examinar a súa páxina en Kickstarter é mellor que calquera curso de márketing social que se poida facer.

Chuzame! A Facebook A Twitter

arrow3 Comments

  1. 12 mos ago

    Xa vai polos $ 218.000!

  2. 11 mos, 3 wks ago

    $235.000 a falta de 20 días. Se o fixo ben, debería tomar novo pulo nuns días e pasar de $300.000 ao final. Aínda que igual xa non ten recompensas para chegar a esa cifra porque dixo que o mantería aberto até esgotalas, pero creo que non tiña pensado aumentalas.

  3. 11 mos, 2 wks ago

    Xa que estamos a falar sobre os recursos e posibilidades de internet, cremos apropiado falar sobre o seu nacemento e a súa evolución para que hoxe podamos estar escribindo isto aquí.Millóns de persoas en todo o mundo utilizan Internet, como ferramenta de traballo, ocio, necesidade,… pero ¿Canto tempo fai que naceu Internet? ¿Quen o inventou?Temos que dar marcha atrás no tempo e remontarnos ao ano 1955, cando o presidente dos EE.UU, Eisenhower, planeou lanzar un pequeno satélite artificial. Rusia (a Unión Soviética por aquel tempo) pola súa parte reaccionou lanzando o “Sputnik”(pequena esfera), que sería o detonante para que EE.UU non se quedara cos brazos cruzados. Este país, despois do lanzamento do “Sputnik”, creou a Axencia de Proxectos avanzados de Investigación (coñecido como ARPA) que xunto coa Fundación nacional da ciencia (coñecido como NSF), e outras máis, serían clave importante para o nacemento de Internet.Tras varios experimentos e investigacións de tecnolóxicos e científicos da personalidade coma Leonard Kleinrock, Lawrence G. Roberts, John Licklider e moitos máis é cando no ano 1965 un proxecto desenrolado por: Kleinrock (un mestre), e o seu grupo pequeno de estudantes graduados, lograban poñer en contacto remotamente a unha computadora de Stanford para intentar enviar algún dato. É foi nese momento cando os científicos de todo o mundo podían intercambiar información.A base do que hoxe en día é Internet foi todo un éxito. Dende ese momento ata o día de hoxe, non se parou de innovar e incrementar as aplicacións sobre este sistema de conexión. As posibilidades de este medio non ten límites.

Leave A Comment