François Davo e Ramiro Torres convidáronme a participar no Encontro MilPedras deste venres. Como non tiña moitos poemas novos rematados aventureime a proporlles cantar catro versións en galego que fixen -algunha con Alfredo Ferreiro- de Cohen e de James Taylor e aceptaron. Entón falei con Tito Calviño, amigo de vello, para ver se se animaría a acompañarme ese día e aceptou.
Hoxe pasamos a mañá ensaiando e apareceu por alí María Xosé Silvar. Non houbo que insistirlle nada para que se unise á festa do venres para cantarmos xuntas Summertime e You Can Close your eyes en galego.
Estou feliz!
Ademais, partillaremos escenario con Ramiro Torres, Eduardo Méndez Baamonde -Dubi, Arturo Casas, Diana Varela, María Martínez e Gosia Trebacz.
Estades todxs convidadxs. Pasarémolo a tope! (eu polo menos, xúrovolo).