Xa se matriculara antonte o pelacho pero o flamante carné do instituto foi parar á lavadora e hoxe tivo que solicitar un duplicado.
-Dixéronche algo por telo perdido? Algo así como, vaia maneira de comezar ou outra cousa?
-Non, só dixeron, que ben fala este rapaz! Unha que estaba ao fondo e mais o que me estaba atendendo.
-E ti que lles respondiches?
-Que teño un vocabulario amplo.
-E eles riron, claro.
-Riron, si.
Digo de novo, agora públicamente, canto me prestou a entrevista que lle fixeches o outro día ao Xavier Alcalá na Feira do Libro. Ti es moito, Tati Mancebo.
Saúde,
Vicente
Moitas grazas