Enriquecendo unha novela

Podería chamarse algo así como tráiler de ambiente, encadramento . Estou a falar dun formato de contido complementario para as novelas. Escolleríanse imaxes de diversas fontes, estáticas e en movemento, sons de todo tipo e montaríase todo  nun pequeno vídeo que situase a persoa que vai ler a novela no contexto anímico, temporal e, se cadra, tamén espacial da acción. Efectivamente non distaría demasiado dun tráiler convencional mais este non tería como obxectivo captar e impresionar senón ofrecer un contexto emocional á persoa que xa escolleu ler unha historia.

A min encantaríame contar con este material antes de mergullar nunha novela.