De traslado

Por fin. Xa o teño. Acabo de trasladar os posts dos meus antigos blogs ao noso servidor para comezar esta terceira etapa de publicacións. Hai moitas razóns, pero entre elas que acabamos a ceder Blogaliza ao seu creador orixinal e antigo socio de Algueirada, Pedro Silva, a través dunha asociación cultural chamada do mesmo modo. Agora xa non sinto obriga profesional de manter o blog nun lugar que se me fora facendo pequeno porque non podía instalar o que quería nin experimentar con plugins e themes libremente sen poñer en risco o sistema, un sistema que se nos fixo inasumíbel manter, mesmo moito por baixo dos mínimos que nos tería gustado esixirnos. Desexo o mellor a Pedro Silva e á Asociación Blogaliza nesta nova fase dun proxecto que abriu as portas da autoedición de contidos a moitos centos de persoas e que aínda constitúe o espazo principal de publicación de tantas asociacións, bibliotecas, docentes e, en xeral, autorxs en galego.

Seguir lendo…