Unha dos pelachos

O pelacho a falar do seu coche con control remoto:

-Este coche é un Lamborghini Gallardo.

A prima, estrañada, entre o balbordo das mochilas do cole dos cinco no ascensor:

-Como? Un Davinci Leonardo?

O pelacho matricúlase, non sen anécdota

Xa se matriculara antonte o pelacho pero o flamante carné do instituto foi parar á lavadora e hoxe tivo que solicitar un duplicado.

-Dixéronche algo por telo perdido? Algo así como, vaia maneira de comezar ou outra cousa?

-Non, só dixeron, que ben fala este rapaz! Unha que estaba ao fondo e mais o que me estaba atendendo.

-E ti que lles respondiches?

-Que teño un vocabulario amplo.

-E eles riron, claro.

-Riron, si.

O exemplo de Seth Godin

Un exemplo para examinar con lupa e aprender moito de cada unha das súas palabras. É certo que é un escritor famoso, moi famoso, mais iso non resta mérito á súa proposta. Nas 3 primeiras horas desde a solicitude de financiamento para o seu próximo libro reuniu os $ 40.000 que pretendía conseguir. Hoxe, un par de días despois, leva recadados máis de $ 200.000 xa.

Un vídeo directo e claro, unha exposición franca e ben estruturada e unha colección de recompensas moi apetecíbeis para as persoas que o seguen con interese foron a clave da súa colleita.

Examinar a súa páxina en Kickstarter é mellor que calquera curso de márketing social que se poida facer.

Telefónica e os ebooks

“Telefónica, que ya había anunciado su interés en el negocio de los contenidos digitales, ha cerrado ya un primer acuerdo con Publidisa y anunciado sus intenciones de lanzar un dispositivo propio (eReader o tablet, no sabemos bien aún) así como una plataforma central de contenidos digitales accesible por 3G desde varios dispositivos.”

Vodafone tamén entrará, así como Orange. Eu pregúntome cal delas están a tomar en serio o negocio, quen sobrevivirá, que proxectos ficarán no camiño sen chegar a agromar…

víaLas operadoras anuncian sus planes para el ebook. Soybits.