Que é Facebook?

Na RNE anuncian a presenza en Facebook de distintos programas como “a radio que se ve”. Na conferencia de Google 09 a maioría dos asistentes asumía que Facebook estaba en declive nos EUA, e así pode ser para algunhas das súas funcionalidades. Mais Facebook é xa moito máis que unha rede social con nomes e apelidos, é unha nova maneira de estar, de vender, de falar na rede, e iso xa non ten volta nun futuro próximo.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Amazon e o iPad

Parece ser que a app de Amazon para o iPad presenta serias limitacións que fan que o usuario tire a conclusión de que foi pensada para que se merquen os libros desde o Kindle para logo transferilos para o iPad. Funcionará? Joe Wikert pensa que non, que vai preferir mercar os libros directamente na tenda de Apple desde o propio iPad porque le mellor nel: non lle cansan os ollos, como moitos anunciaban, ten wifi, pode manexar os libros de modo moito máis áxil, en fin, que o Kindle (e todos os lectores monocromos e desconectados) lle parece un aparello do pasado.

Joe Wikert’s Publishing 2020 Blog: Amazon’s Next Move.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Importar contactos a Android

En Algueirada levamos un par de meses usando móbiles Android e estamos francamente contentos, por esa razón anotarei no blogue de cando en vez sobre as aplicacións que me parecen máis interesantes. Hoxe veño comentar como acabamos de resolver un problema que aínda tiñamos pendente: como importar os contactos dos terminais anteriores aos novos LG cos que andamos a xogar.

Efectivamente existía unha app que permitía importar os contactos desde a SD á memoria do teléfono, pero non estaba no market, así que teremos que dar un paso intermedio.

1.- É preciso instalar desde o market unha app que permita instalar apps que gardemos na SD, porque as obtemos desde o PC. A miña opción para isto é AppsInstaller. Este é o código QR que vos levará directamente á súa páxina no market. Se non usades lector de QR, podedes buscala directamente no Market polo seu nome.

2.- Debedes descargar unha app que non está no market chamada import-contacts.

3.- Agora é preciso copiar esa app na tarxeta SD do teléfono e instalala desde AppsInstaller.

4.- Copiades o cartafol dos contactos na tarxeta SD.

5.- Lanzades a app import-contacts e seguides os pasos que vos vai indicando.

6.- Contactos importados!

Chuzame! A Facebook A Twitter

Aldiko: ler libros en Android

Como dicía na aotación anterior, se queres ler libros en formato ePub en Android, recoméndoche Aldiko que, aínda que non sincroniza por wifi con Calibre, ten para min a mellor interface de lectura de libros para móbiles que coñezo. Encántame a transición de páxinas tan suave, a facilidade para regular a intensidade da luz, e ademais é de balde.

O deseño cadrado que aparece nesta anotación é un código QR. Se instalas no teu teléfono un lector de códigos e o escaneas, abrirase o navegador do teu móbil e dirixirate directamente á sección do Market de Android onde podes descargar o lector de libros Aldiko. Pode crearse un código QR para partillar con facilidade calquera páxina web a través das múltiplas ferramentas que existen en Internet.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Como crear un ePub

Nate ten toda a razón. Se queres crear un ePub non tes máis que facer o seguinte:

1.-Arrastrar un arquivo (DOC/HTML/PDF) dentro de Calibre.

2.- Seleccionar conversión a ePub en Calibre.

3.- Incluír metadatos e imaxe de capa.

As florituras deixarémolas para outro día, pero aproveito para comentar que se tes un teléfono con Android, podes baixar do market unha app para ler libros -na seguinte anotación porei a miña preferida- e formatalos co calibre para lelos no móbil. Calibre permite a sincronización por wifi para subir os libros ao teu móbil sen andar conectándoo ao pc, pero en Android parece que aínda non funciona demasiado ben a cousa.

Chuzame! A Facebook A Twitter

A voltas cos epubs

Na ligazón seguinte atopamos bos consellos para eliminar caracteres non desexados de arquivos .doc, antes de convertelos a epub.

Mi reader Papyre 6.1 para libros electrónicos en ePUB (ebooks).

Chuzame! A Facebook A Twitter

Cafescribe: libros de texto na rede

Cafescribe é un lugar onde mercar libros de texto dixitais de diferentes editoras. Poden anotarse e compartir nun contorno colaborativo e descargar no equipo. Hai mostras de balde de cada libro para examinar e algunhas editoras permiten o acceso ao libro completo durante unha semana.

Cafescribe.

Chuzame! A Facebook A Twitter

PDFmyURL: converter calquera url nun PDF

Se non temos ningún editor de texto á man e queremos gardar para outro momento o contido dunha web en formato pdf, podemos realizar a conversión mediante esta ferramenta.

Ao vela pregunteime se captaría os textos de Google Books e outros sitios de libros con textos de lectura online protexidos contra copiado e funo mirar…

PDFmyURL.com – Convert and save pdf from any webpage for free.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Youblisher.com: publicar como pageflip

Youpublisher é unha aplicación online, similar a Isuu, que nos permite subir un PDF aloxalo na súa web para ser mostrado como pageflip, con ese efecto tan chulo de pasar páxinas. Se queres levalo a calquera outra páxina web, só hai que copiar e pegar o código que fornecen no lugar adecuado. Unha presentación moi aparente pero non sei se realmente útil á hora de ler ou de que nos lean.

Chuzame! A Facebook A Twitter