lernos21

Como proximamente estarei dando varias charlas sobre o libro electrónico, acabo de abrir este novo blogue como depósito de información sobre o tema. Hai páxinas dedicadas a bibliotecas que conteñen libro galego en formato dixital, a bibliotecas con libro en castelán e ás redes de lectura en galego e en castelán.

Teño intención de publicar unha relación de todas as editoras galegas que comercializan ou promocionan de balde libro electrónico. Se tes ou coñeces unha editora destas características, agradecería a información en forma de comentario ou ben nun correo (tatimancebo@blogaliza.org)

Clubs de lectura, bibliotecas, amigos, conversa…

Hai semanas Amazon anunciou que sería posíbel prestar os ebooks para o Kindle baixo as condicións de que o préstamo se levaría a cabo unha soa vez con cada título, que sería por 14 días e que o propietario do exemplar perdería o acceso ao libro durante o tempo que este estivese prestado. Moitas foron as voces que se levantaron son contra destas restricións; a crítica que subxace é que aínda que che concedan algunha graza, un comprador de contidos en forma de ebook non é posuidor de nada, senón usuario dun servizo que a empresa provedora podería desautorizar en calquera momento. O caso é que xa existe o club oficial de préstamos do Kindle e, tal e como debeu planificar o xigante da distribución de textos, que non de contidos en xeral, está a funcionar disque fantasticamente ben. A clave está, como en tantos asuntos, no número de usuarios activos. Xa non é pensar a cal dos meus amigos lle pode interesar ler o libro que eu merquei e que me ofrecerá a cambio, senón que nunha comunidade grande de lectores, seguro que hai quen ten libros que a min me interesan e, se cadra, até podemos acabar falando deles. Os rankings funcionan, e se se incentiva o préstamo, tamén se incentiva a compra de novos libros que poderás prestar á súa vez.

Precuela de Pride & Prejudice & Zombies

Para tomarmos nota: en abril de 2009 Qirk Books publica Orgullo y prejuicio y zombis, de Seth Grahame-Smith e Jane Austen (así é como aparece detallada a autoría). Non consigo dar coas cifras de vendas mais foi un libro amplamente publicitado e comentado en todos os medios.

Un ano despois anúnciase a saída da precuela Pride and Prejudice and Zombies: Dawn of the Dreadfuls, asinada por un autor diferente, Steve Hockensmith.

Coautoría? (sic.)Pirateo? Remexido? mashup? Imaxinación? Carencia de imaxinación?

Eis o booktráiler:


New Prequel to Pride & Prejudice & Zombies coming soon | The Digital Reader.

Libro: Breve historia do libro electrónico

Un libro que intentarei ler mañá no avión camiño de Madrid, onde vou para entrevistar Antonio Escohotado para blogaliza.tv e para asistir á Feira do libro electrónico que acolle o FICOD. Aínda que escrito orixinalmente en francés, existe unha versión en castelán que pode atoparse na web do Proxecto Gutemberg, para a que deixo a ligazón directa.

A autora é a investigadora e editora Marie Lebert.

No artigo mencionado máis abaixo faise alusión tamén a un PDF interactivo chamado Tecnoloxía e libros para todos que tamén pode ser interesante.

A Short History of Ebooks: from the French-speaking, European and International perspective | TeleRead: Bring the E-Books Home.

Poesía da Costa da Morte en Google Earth

“A primeiros de mes falamos da publicación De Pondal ao Batallón Literario. 120 anos de poesía na Costa da Morte, unha estensa antoloxía editada por Miro Villar e Modesto Fraga que reivindica esta franxa litoral como paisaxe literaria. E culturagalega.org quixo experimentar con ela, ofrecéndovos o que cremos que é un dos primeiros poemarios en Google Earth, para que compares a paisaxe cos versos dos poetas.”

víaCando podes voar coa poesía | culturagalega.org | O portal da cultura galega.

Dura crítica de Ana Bande ás fillas de Teresa Moure

“O problema é que non soporto que me rifen. Por iso che vou facer unha crítica aceda, T., unha resposta axeitada ao desacougo que me procuraron estes teus relatos. Recoñezo a afouteza do teu discurso e prendería agora mesmo un facho para alumear o camiño da xustiza que persegues, mais non vou coller este tren.”

Blog de Ana B. Bande: A palabra das fillas de Eva, Teresa Moure..

Enrique Dans prepara libro CC para Planeta

“El libro está dirigido a la base de la pirámide, al lector que ve la tecnología como un batiburrillo de cosas que le provocan confusión, inquietud, inseguridad y hasta miedos de diversos tipos. A ese público que no sabe cómo reaccionar cuando ve venir novedades en la tecnología, que no entiende todas esas cosas que hacen que alguien retuerza esas leyes de los negocios que creía escritas en piedra, inalterables. A ese que considera todo este mundo como algo “extravagante” o “excéntrico”, pero que va viendo cómo, progresivamente, adquiere una relevancia cada vez mayor, y se siente perdido ante él. Un libro dirigido a personas que necesiten entender los cambios del entorno, porque no se resignan a considerarse perdidos en él, a verse como parte de una especie de “generación perdida”.”

Finalmente, un libro » El Blog de Enrique Dans.