Que é un ferreiro?

Como o papá se apelida Ferreiro, a pelacha preguntoulle que era un ferreiro.

-Pois é unha profesión antiga. Os ferreiros traballaban o ferro e facían por exemplo as ferraduras dos cabalos, espadas…

-E con que traballaban o ferro?

-Cun martelo.

-De que?

-Cun martelo de ferro.

-Que cousa tan rara. Os ferreiros traballaban o ferro cun martelo de ferro e para facer un martelo de ferro fai falta traballar o ferro cun martelo de ferro.

Chuzame! A Facebook A Twitter

O medo

Vimos El imaginario del doctor Parnassus. O pelacho tiña medo de ir só para o seu cuarto. Prengunteille se lle dera medo o filme.

-No! No me dio miedo la película. Es que tengo muchisima imaginación. Y si modelo las imágenes de la película con mi imaginación, entonces tengo muchísimo miedo.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Os pelachos non teñen sono

Isto acaba de suceder hai 5′. Tras o chute de Nolotil e desexando que chegue mañá para poder ir á dentista, ando ás voltas cun pequeno artigo sobre liberdade na Rede para Tempos novos. Os pelachos levan media hora na cama a agardar polo sono pero tras días de trasnoitar e erguérense tarde, non teñen acougo.

O pelacho comeza a facer preguntas desde o seu cuarto e, cando lle dicimos que deixe algo para mañá e que se poña a durmir, di que non lle vén o sono. Pois tes que centrarte en durmir, dígolle eu. Entón intervén tamén a pelacha para dicir:

-Eu tampouco teño sono e non sei o que é centrarse.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Unha de pelachos

A pelacha leva tres días na casa por mor dunhas anxinas que a teñen convertido na nena máis sensíbel e sensibilizada do universo. Os primeiros días quixo marchar para a casa dos avós tan axiña como almorzaba mais onte e hoxe ficou na casa a ver a tele basicamente. Así como o pelacho se descontrola todo con calquera actividade que signifique tempo prolongado diante dunha pantalla, a pelacha non parece acusalo do mesmo modo, por iso cando anda pochiña a deixamos desquitarse. Mentres nós traballamos nos nosos ordenadores e respondemos as súas preguntas e seguimos os seus comentarios durante toda a mañá.

O caso é que leva toda a mañá a ver a tele e agora quería ver Ponyo…

-Anda que vas boa de tele hoxe, eh!

-E ti de ordenador, eh!

Rompín a rir a gargalladas e houben de lle recoñecer que tiña razón. Toca Ponyo para ela e máis ordenador para min.

Chuzame! A Facebook A Twitter

O gusto polo tacto

-Todas as cousas que nos gustan gústannos polo seu sabor?

-Non todas, pelacha, moitas veces gústannos as cousas polo son que fan, polo olor que teñen ou polo tacto.

-Que é o tacto?

-O tacto é a sensación que temos cando tocamos algo.

-Pois eu creo que se toco o brécol non me vai gustar…

Chuzame! A Facebook A Twitter

Nin de política, nin de fútbol nin de relixión

O pelacho acaba de cumprir 9 anos e ten algunhas ideas bastante claras polo momento. O luns pasado foi co seu pai á presentación do libro 10 experimentos con pelos, que edita a nosa amiga Nati. Unha adulta preguntoulle como se chamaba e díxolle:

-Pues yo me llamo Laura y estoy de santo porque hoy es el día de los arcángeles, así que tú también estás de santo.

-Es que yo no soy religioso.

-Pero aun así te pueden interesar estas cosas.

-Es que yo me río en la cara de Dios.

-Pues si te crees que te voy a reír la gracia estás muy equivocado.

De volta na casa dixémoslle que nos parecera unha saída moi simpática pero que hai xente relixiosa que se ofende cando non se toman en serio as súas crenzas. Tamén lle dixemos que ás veces pagaba a pena non irritar os demais, aínda que algunhas persoas non se molestasen en facer o mesmo, con máis frecuencia os relixiosos que os ateos, e que en certos temas podía resultar máis cómodo non entrar en moitos detalles con xente que non coñecemos demasiado.

Chuzame! A Facebook A Twitter

1º libro comercial con realidade aumentada?

“Este é un libro de papel de 320 páxinas que inclúe 83 códigos de barras (FlashCode), de modo que o lector pode acceder a contidos en Internet (vídeos, cancións, recursos interactivos), mentres se le. Pódese acceder desde teléfonos ou en internet. Orange desenvolveu unha aplicación que permite o acceso a hipercontenido activando o código de barras móbil. Entón ten que escribir o texto “FlashCode” e envialo a un número e, a continuación recibirá unha ligazón que ten unha aplicación que pode ser baixada. O modelo propón o acceso libre para “FlashCode” durante os primeiros seis meses. Tamén pode acceder ao contido de Internet a través do portal www.hyperlivre-lesensdeschoses.com, composto por cinco canles de televisión a través de Internet, unha para cada unha das cinco seccións do libro. O contido do libro, escrito por Jacques Attali, en colaboración co xornalista Stephanie Bonvicini, é a edición e actualización das intervencións en Francia Cultura en 2007, preto de trinta colegas de Jacques Attali, políticos, científicos, economistas, escritores (Michel Rocard, Simone Veil, Nathalie Kosciusko-Morizet, Philippe Sollers, Erik Orsenna, Christophe Aguitton …) que reflicten sobre cuestións actuais.”

Disque é o primeiro produto comercial destas caracteísticas mais eu non estou certa. Se me guío polos realtorios de Interliteral isto non sería exactamente así posto que, aínda que en tiraxes pequenas e de ámbito reducido, imaxino que lonxe dos 50.000 exemplares desta primeira edición do libro de Attali, xa existen outros produtos literarios anteriores.

Beat Internacional

Chuzame! A Facebook A Twitter

A imaxe da ruína

Pregunta a pelacha:

-Mami, e se nunca conseguimos máis diñeiro, quedamos sen todas as cousas?

-Quedamos, si.

-E tamén quedamos sen casa?

-Tamén sen casa.

-E tamén quedamos sen pelo?

Chuzame! A Facebook A Twitter

A imaxe do futuro

-Mami, e eu, de maior, que cara vou ter?

Chuzame! A Facebook A Twitter

Case greguería

Enuncia o pelacho ollando para a froita que sostén na man:

-La manzana contiene, discretamente, mucho zumo.

E nós dámoslle a razón, como se acabase de dicir que a auga é transparente…

Chuzame! A Facebook A Twitter