O prezo dos ebooks again

Leo hoxe en varios sitios que o tradutor de Google mellorou moito nos último meses e que suma xa máis de 50 linguas entre as que ofrece tradución automática. Ao mesmo tempo lembro que hai unhas semanas probei por fin o Google Translator Toolkit, que é unha ferramenta para tradutores humanos que permite editar na mesma vista o texto orixinal e a súa tradución, facer anotacións á marxe sobre parágrafos e consultar outras ferramentas de axuda á tradución e que me pareceu francamente útil. Pero esta non era unha anotación sobre o prezo dos ebooks? Efectivamente. Quero facer referencia a un artigo ben interesante que analiza a reflexión saída hai días en The New York Times e que provocou moreas de comentarios desde todos os sectores do negocio do libro.

Agradezo ao editor Moisés Barcia o seu comentario de onte sobre a anotación Ler ou fumar, e recoñezo que non teño argumentos demoledores para rebater os seus, porque moitos son os elementos en discusión, moitos os modelos de negocio e moitas as circunstancias que rodean un concepto que queremos crer que que debe existir e ao que só lle faltaría unha cuantificación aceptada unanimemente: o prezo do ebook. Mais se cadra nin isto mesmo é certo nin preciso.

Uno entón un artigo interesante sobre o prezo dos ebooks en catelán e o tradutor de Google castelán/galego para comprobar a calidade da tradución dun texto que aparentemente non presenta moita complicación semántica. Vexamos o que sae:

A industria editorial está nun momento crítico en relación coa posibilidade de ofrecer os seus produtos de electrónica e / ou papel, unha das cuestións que habitualmente aparecen neste contexto no que está levantando máis controvertido é a relación entre o prezo do de produción eo prezo de mercado dun eBook, tendo en conta datos proporcionados por un artigo no The New Times chamou de Matemáticas Publishing Meets the E-Book, verificase que cinco dos seis maiores editores do libro son en Ok, como están en curso negociacións con Apple despois do anuncio do IPAD novo lector, cando o prezo da maioría das edicións de libros de ficción e non ficción será entre 12,99 dólares e 14,99 dólares ( 9-10 euros), prezo significativamente por debaixo da media para un libro de capa dura, o que sería cerca de US $ 26 (18 euros).

No entanto, os editores tamén din que os consumidores teñan esaxerado o potencial de aforro e teñen desenvolvido expectativas irreais sobre a consecuente caída de prezos, coa chegada dos libros electrónicos. Aínda que os custos de impresión poden desaparecer, unha serie de gastos que se aplican a todos os libros, como os gastos xerais, de marketing e de royalties, aínda en vigor. O que plantexa a seguinte pregunta: canto custa a producir un libro impreso en comparación con unha dixital? Os parecer das distintas editoras diferentes nas contas que utilizan para cubrir gastos diversas, pero tendo unha media de acordo con entrevistas con directivos de algunhas empresas podería ser:

Un libro de capa dura da andel $ 26 paga ao editor $ 13 para imprimir, almacenamento, distribución, ea editora paga 3, $ 25, incluíndo as copias non vendidas polos libreiros.

Para cubrir o deseño, composición e edición, a editora paga cerca de 80 centavos. Os custos de marketing teñen en media preto de US $ 1, pero poden ser maiores ou menores, dependendo do título.

O autor xeralmente paga 15% do prezo do que un libro de 26 dólares sería de arredor de 3,90 dólares.

O editor recibe $ 4,05 de que partido debe pagar por editores, versión deseñadores, espazo de oficina e de electricidade.

Se ollarmos para un libro electrónico, no marco dos acordos con Apple, os editores son aqueles que poñen o prezo final para o consumidor e venda polo miúdo actúa só como un axente, gañando unha comisión do 30% sobre cada venda. Así, en un e-libro a 12,99 dólares, o editor gaña $ 9,09. Ademais da renda bruta, a editora paga cerca de 50 centavos, para converter o texto nun arquivo dixital, composición dixital e edición de copia. Marketing é de preto de 78 centavos. O autor, neste caso gañaría preto de 25% da receita bruta, pero outros requiren a estimación sobre o prezo de consumo. Diante diso, en un e-book custa 12,99 dólares, o autor obtivo un beneficio de US $ 2,27-3,25.

Isto supón que a editorial vai gañar entre $ 4,56 e 5,54, antes de pagar a sobrecarga ou cancelación de adiante a apropiado.

A primeira vista parece que o libro electrónico é máis rendíbel. No entanto, os editores apuntan que o e-books aínda representan unha parcela pequena do total das vendas (de 3 a 5%). Se o e-vendas do libro comezaron a substituír parte das vendas dos editores de libros impresos gardar unha morea de custos fixos asociados con edicións impresas, como espazo de almacenaxe, e menos necesidade de fondo de stock.

No modelo de impresión actual, os editores poden recuperar moitos dos seus custos e maiores beneficios a través da brochuras. Pero se os editores comezan a vender un e-libro a un prezo semellante ao libro de peto e reducir o prezo máis tarde, pode ser máis difícil para cubrir os custos e, consecuentemente, a edición de novos autores.

O artigo completo inclúe táboas ilustrativas dos cálculos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
Publicado en Recollido e anotado, Recollido e traducido, análise, ferramentas para escritores | Sin Comentarios

Enquisa sobre ebooks

Estes son algúns dos datos obtidos da enquisa de Aptara sobre libro electrónico entre máis de 300 editoras dos EUA:

-A maior parte das editoras están a vender ebooks a través das súas propias tendas, perdendo así as oportunidades de negocio que ofrecen as grandes plataformas.

-As editoras están a producir ebooks que non poden lerse na maioría dos lectores de ebooks por problemas derivados de incompatibilidades e DRM.

-Máis do 50% das editoras que responderon a enquisa están a vender libros en formato electrónico.

-o 60% que non están a vender ebooks planean facelo proximamente.

-O 65% das editoras producen ebooks de títulos que tamén ofrecen en papel.

Ler informa completo

víaApatara survey of 300 publishers about ebook publishing | TeleRead: Bring the E-Books Home.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
Publicado en Recollido e traducido | Sin Comentarios

Máis e mellores libros para Europeana

Europeana, a anunciada como gran biblioteca dixital europea, non vai á velocidade que debería; esta é a reclamación dun grupo de representantes no Parlamento Europeo, que demanda máis libros, mapas, clips de vídeo e fotografías para o portal e de máis países que os participantes até agora.

Europeana contén só un 5% de libros electrónicos, case o 50% dos cales provén de Francia, o 16% de Alemania e o 8% do Reino Unido e de Holanda.

O informe presentado por este comité fai fincapé no interese por evitar o baleiro de coñecemento entre Europa e o resto do mundo, en particular cos EUA.

víaMembers of European Parliament call for more and better content on Europeana | TeleRead: Bring the E-Books Home.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
Publicado en Recollido e traducido | Sin Comentarios

Copyright, DRM e pirataría: termos recorrentes no TOC

Rescato algunhas das ideas que me parecen máis salientábeis da reseña de The Bookseller:

-Necesidade de ter presentes en todo momento as leccións aprendidas da industria musical e da dos primeiros ebooks.

-O TOC, organizado por O'Reilly, congregou máis de 100 persoas durante 3 días para falar do negocio da creación e da distribución de contidos na rede.

-William Patry, de Google: as leis non son solución para o negocio; só deberían usarse para resolver problemas unicamente legais. A ley do copyright converteuse nun modo de muxir unha vaca que etaba a ficar sen leite. Demasiada xente confía no copyright como o seu plan de negocio.

-Kirk Biglione: os litixios non pararán o futuro.

-Dominique Raccah: contra o que se diga, durante a primeira metade de 2009, a venda de CDs aínda importou o 65% do negocio de venda de música. A lección é que o mercado de masas desponde máis lentamente do que pensamos, os intermediarios aínda serán unha parte importante do mercado no futuro.

-A reproducción non oficial de contidos está focalizada en pequenas e escasas células, iso pode querer dicir que o público está disposto a pagar polo que ten un valor.

-O'Reilly vende contidos sen DRM e asegura que a terza parte do seu catálogo non está distribuído á marxe das canles oficiais.

-O DRM non ten impacto sobre a "pirataría" senón sobre o comportamento dos lectores, que en moitas ocasións renuncian a mercar libros con DRM polos problemas relacionados co formato que lles van presentar.

-Un ePub con DRM non e un ePub. Os libros libres de DRM son a única alternativa economicamente viábel.

Copyright, piracy and anti-DRM dominate Tools of Change | theBookseller.com.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
Publicado en Recollido e traducido | Sin Comentarios

Enquisa sobre libro electrónico

Sobre 44.000 participantes

Razón nº 1 para mercar ebooks: por aforrar.

O 34% adquiriu i seu primeiro ebook nos últimos 6 meses.

Os compradores de ebooks compran menos papel agora.

O 47% read ebooks no ordenador, o 32% no Kindle, o 11% no iPhone, o 10% no iPod Touch, o 9% na Blackberry, o% no netbook, o 8% no Nook, o 8% no Sony Reader, o 13% noutros.

O 50% merca exclusivamente ebooks.

Ao preguntar polo que faría aceptábel subir o prezo dun ebook, as respostas céntranse maioritariamente nas utilidades sociais.

O mellor dos ebooks é o prezo reducido e a dispoñibilidade de materiais promocionais.

De se demorar a saída das novidades en ebook varios meses a respecto das versións en papel, o 30% di que non está certo de que agardaría até a saída do ebook, o 32% non poría problemas á demora e o 25% afirma que mercaría a versión en papel directamente.

Canto a se a inclusión de DRM faría desistir da compra dun título, o 42% non o ten claro, o 29% afirma que o mercaría igualmente e outro 29% di que non o mercaría.

víaTOC Report: Results of Book Industry Study Group consumer survey | TeleRead: Bring the E-Books Home.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
Publicado en Recollido e traducido | Sin Comentarios

Notas sobre a TOC Conference

Skip Prichard, President e CEO de Ingram Content Group.

Os negocios non teñen o dereito fundamental de sobrevivir, e iso tamén afecta ás editoras. As editoras deben centrarse nos contidos innovadores. O papel e o dixital vanse fundir nun só camiño e así o como o verá a próxima xeración. A rapazada pasa 7,5 h ao día diante dunha pantalla e a industria debe recoñecer isto.

A industria debe simplificar, xa pasaron os días de ocuparse de todo. Hai que atopar algo que faga a túa empresa única. A industria debe conectar cos seus clientes. Para iso é importante identificalos.

A industria debe romper cos modelos tradicionais, con demasiadas limitacións autimpostas. Aos novos axentes non lles importa como se facían as cousas no pasado.

TOC Report: Is the ebook dead? | TeleRead: Bring the E-Books Home.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
Publicado en Recollido e traducido | Sin Comentarios

O ebook sobre, o papel baixa

O mercado do ebook aumenta un 176% nos EUA. Pola contra, o libro de papel acusa un lixeiro descenso, que se concreta nunha baixada nas vendas de edicións de peto e de libro infantil de capa dura, contrarrestada por un aumento nas edicións de capa dura para adultos e nas edicións de peto infantís.

víaE-book sales climb 176% in US, doubling market share | theBookseller.com.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
Publicado en Recollido e traducido | Sin Comentarios

Oxford engade subscrición online á copia en papel

Quen compre un exemplar en papel dun dicionario de Oxford recibirá unha subscrición aos dicionarios online de entre 3 e 12 meses de duración, en función do prezo do exemplar de papel.

Oxford dictionaries go online | TeleRead: Bring the E-Books Home.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
Publicado en Recollido e traducido | Sin Comentarios

Os libros MacMillan volven a casa polo Entroido

Aínda que nada se sabe oficialmente sobre o asunto, o New York Times apunta que o retorno de MacMillan aos andeis de Amazon podería deberse ao comrpomiso de MacMillan de non ofrecer prezos máis baratos a ningún outro distribuidor de contidos, e a permitir que os usuarios partillen os libros.

O que sexa soará...

Macmillan books back on Amazon | TeleRead: Bring the E-Books Home.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
Publicado en Recollido e traducido | Sin Comentarios

iPad: ePubs con DRM?

Parece ser que si. Os libros para o iPad virán "protexidos" con DRM e (até que non se diga o contrario) non poderán ser lidos por outros dispositivos.

“It looks like Apple is continuing to impose restrictions on their devices that limit both content publishers and consumers. Unlike many other ebook readers using the ePub file format, consumers will not be able to access ePub content with Apple’s DRM technology on devices made by other manufacturers.”

víaiPad adds to the DRM mess? Apple ebook DRM exclusive to Apple hardware | TeleRead: Bring the E-Books Home.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
Publicado en Recollido e traducido | Sin Comentarios