De traslado

Por fin. Xa o teño. Acabo de trasladar os posts dos meus antigos blogs ao noso servidor para comezar esta terceira etapa de publicacións. Hai moitas razóns, pero entre elas que acabamos a ceder Blogaliza ao seu creador orixinal e antigo socio de Algueirada, Pedro Silva, a través dunha asociación cultural chamada do mesmo modo. Agora xa non sinto obriga profesional de manter o blog nun lugar que se me fora facendo pequeno porque non podía instalar o que quería nin experimentar con plugins e themes libremente sen poñer en risco o sistema, un sistema que se nos fixo inasumíbel manter, mesmo moito por baixo dos mínimos que nos tería gustado esixirnos. Desexo o mellor a Pedro Silva e á Asociación Blogaliza nesta nova fase dun proxecto que abriu as portas da autoedición de contidos a moitos centos de persoas e que aínda constitúe o espazo principal de publicación de tantas asociacións, bibliotecas, docentes e, en xeral, autorxs en galego.

Seguir lendo…

El libro español se desangra en Internet

Ligazón

 

 

El libro español se desangra en Internet.

Así que, o diccionario da RAE é «de las cosas más pirateadas en el mundo»? Será o CD ROM, polo fetichismo de ter un disco físico, deses que cada vez menos xente usa; porque o dicionario en si pode consultarse online, só faltaría, e Planeta regálao para que non haxa nin que copialo. Será que andan os piratas a fabricar discos como tolos. Ou será que Blecua se refire ao papel e os malvados piratas dedícanse ás fotocopias?

De Vargas Llosa, mellor xa non falo.

Enriquecendo unha novela

Podería chamarse algo así como tráiler de ambiente, encadramento . Estou a falar dun formato de contido complementario para as novelas. Escolleríanse imaxes de diversas fontes, estáticas e en movemento, sons de todo tipo e montaríase todo  nun pequeno vídeo que situase a persoa que vai ler a novela no contexto anímico, temporal e, se cadra, tamén espacial da acción. Efectivamente non distaría demasiado dun tráiler convencional mais este non tería como obxectivo captar e impresionar senón ofrecer un contexto emocional á persoa que xa escolleu ler unha historia.

A min encantaríame contar con este material antes de mergullar nunha novela.

Medios, comunicación e poder na UDC

Esta tarde, no seminario de verán da UDC Medios, comunicación e poder que terá lugar no Espazo Normal, dentro da sesión de Análise de medios, falarei principalmente da acción no ámbito local pasando, entre outros, por proxectos como:

Tamén centrarei unha parte da exposición nas ferramentas máis populares á hora de articular a comunicación e a actividade cara a dentro e cara a fóra:

E nas redes sociais máis utilizadas para propósitos xerais e específicos:

Terei o pracer de partillar mesa e ideas con Javier Toret e Iván Sánchez.

Os meus primeiros mocasíns

Levoume tempo rematalos porque este verán me está tocando traballar máis do que pensaba, pero por fin os calcei. Xa teño os meus primeiros mocasíns feitos desde cero. Sei que calquera profesional que os colla nas mans lles achacaría mil defectos mais eu sei que descalza xa nunca andarei.

Mirei uns cantos vídeos en YouTube para aprender as técnicas básicas, merquei a pel na rede logo de moito buscar a 2€/pé en elrastrodelapiel.com; xa me fixera anteriormente con algunha ferramenta (pouca pero boa, como me recomendaran) e merquei tamén un libro de patróns de calzado, porque os de libre disposición non me resultaban convincentes.

E xa está, marcar, cortar, pegar solas, preparar tiras e coser. Síntome como unha cativa con zapatos novos 😛

Problema de cobertura wifi solucionado

Desde hai uns meses teño un Asus Vivobook que non se levaba ben coa recepción da wifi en Ubuntu. Trátase dun portátil cunha pantalla táctil, que hei de recoñecer que non uso demasiado a non ser cando me vexo obrigada a traballar desde Windows 8 e un microprocesador i5. Mirei solucións mais as poucas que me daban esperanzas eran complicadas de máis para min e non parecían funcionar en todos os equipos.

Desde a actualización de hoxe, todo funciona perfectamente. Atrás ficaron os problemas de teclas de funcións e, agora tamén, a conectividade á rede da casa.

Todo en orde.