Achegarte 2011

O 2 e o 3 de abril terá celebrarase a 2ª edición de Achegarte, a festa da cultura organizada pola Concellaría de Cultura do Concello da Coruña. Polo que nos contan, o programa está xa completo, inzado de petiscos de espectáculos escénicos, presentacións de libros, conversas con creadores e creadoras e obradoiros especialmente orientados este ano ao público máis novo. Tamén son moitas as librarías, asociacións e editoras que terán os seus espazos en Achegarte para exhibir os seus traballos e as súas iniciativas. Nós recuncaremos cun stand de Blogaliza, dispostos a falar de blogues e de todo o que teñan a ben as nosas visitas.

Este ano ademais, ponse en práctica un exercicio de reflexión ao que estamos convidadas todas as persoas que nos sentimos parte da cultura galega a través do Foro sobre o estado da cultura. O plan é reunirmos ideas e conversar durante os días previos a Achegarte e despois alí en Palexco, reunirmos para sintetizar e redactar esas ideas en forma de manifesto para cada unha das áreas de actividade cultural. Gravaremos en vídeo as lecturas de todos os manifestos e darémoslles ampla difusión para elevar a voz común sobre o que os nosos logros, sobre o que nos preocupa, sobre o que nos limita e sobre as nosas necesidades. Gustaríame convidarvos a participar con comentarios, con preguntas, con queixas, con propostas. Máis que nunca é importante facernos escoitar.

Vén a AchegArte!

O único que me doe dos últimos días e ter tan abandonado o blogue, co ben que o paso con el. A razón é AchegArte, a feira das industrias culturais galegas que temos esta finde a falta da edición de 2099 do Culturgal. AchegArte vai adiante porque unha enorme cantidade de persoas implicadas na cultura queremos que así sexa, porque precisamos un espazo de encontro, ocio e negocio irrenunciábel.

Alfredo, Pedro, Óscar, Maribel e eu estaremos presentes cun stand de Blogaliza. Regalaremos camisolas aos nosos blogueiros e dedicaremos sábado e domingo a resolver dúbidas e explicar cousiñas relacionadas cos blogues. Tamén botaremos unha man a todas as persoas que desexen crear un blogue en Blogaliza.

Este ano non podemos faltar. Vémonos tod@s en AchegArte!!!