Predicións sobre os ebooks

Michael Serbinis, CEO de Kobo, Fala sobre o ebook en 2010:

1. Ten que haber un lector de $99.

2. Bestsellers a $4.99. Como se experimentará con todos os prezos habidos e por haber, acabarán por ofrecerse tamén a este prezo, inimaxinábel hoxe.

3. Amazon porá á venda o  Super Kindle.

4. Os usuarios compartirán os seus libros con liberdade de copia.

5. Venderanse máis de 15 millóns de ereaders. Aparecerán novos provedores que restarán cota a Amazon e a Sony.

6. En 2015, un mínimo do 50% das vendas de ebooks provirán de empresas que a día de hoxe non venden libros de papel.

7. COntinúa a lea do Book Settlement.

8. No futuro veremos 2009 como o ano do cénit do bestseller de papel.

víaCEO of Kobo makes predictions for ebooks in 2010 | TeleRead: Bring the E-Books Home.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Selección de ligacións do día

O libro é o artigo de lecer que máis baixa en vendas no Reino Unido.

O CEO de Penguin aforma que o ebook é o novo libro de peto. (E que as marxes non son tan grandes cando o autor quere máis marxe e o lector prezos máis baixos).

Amazon segue a conseguir contratos en exclusiva con autores de primeira liña de vendas.

Uns 40 títulos de Pearson dispoñibeis como apps para o iPhone. A súa descarga é de balde e inclúe un capítulo de proba. Para ler o libro completo é preciso mercalo.

Java segue a ser a plataforma preferida para ler nos móbiles, mais o seu crecemento é do 75% por trimeste, mentres que Android, con cotas substancialmente máis baixas polo momento, está a medrar a razón dun 26% ao trimestre! (o iPhone como plataforma de lectura crece un 21% trimestral nos países anglófonos).

Chuzame! A Facebook A Twitter

Os libros MacMillan volven a casa polo Entroido

Aínda que nada se sabe oficialmente sobre o asunto, o New York Times apunta que o retorno de MacMillan aos andeis de Amazon podería deberse ao comrpomiso de MacMillan de non ofrecer prezos máis baratos a ningún outro distribuidor de contidos, e a permitir que os usuarios partillen os libros.

O que sexa soará…

Macmillan books back on Amazon | TeleRead: Bring the E-Books Home.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Closed Circle: libraría de escritores

Son 3 escritores que se asociaron para crear unha libraría de ebooks a prezos moderados e sen DRM.

Sobre o affaire Amazon vs MacMillan opinan o seguinte:

“Hoxe en día Algúns editores en papel levan adiante o seu negocio sabendo que o 80% do papel que imprimen non se vai vender, e están máis interesados en demorar o asentamento dos ebooks que en apoialos.”

“A recapitulación de Amazon paréceme querer adiar a batalla para levala ao seu terreo noutro momento. Mais tanto Amazon como MacMillan conparten unha mesma perspectiva: os libros son cuncas de espaguetti, os lectores son ovellas que hai que pastorear e rapar; e os escritores son pozos que hai que secar.”

Closed Circle: Lynn Abbey, C.J. Cherryh, Jane Fancher create new DRM-free e-book store | TeleRead: Bring the E-Books Home.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Todos queren falar con Amazon

Así é, desde que MacMillan conseguira renegociar o prezo máximo dos ebooks e a súa data de lanzamento, Todos queren sentar coa xente de Amazon. Murdoch, propietario entre outras empresas de Harper Collins, está en completo desacordo no teito dos $ 9,99 e quere aumentalo, aínda que Amazon lle estea a subvencionar os prezos comprometivos ou se ofreza a facelo. Murdoch opina un prezo máximo tan “baixo” desvaloriza o obxecto e prexudica os intermediarios.

Murdoch: Amazon ready to talk e-book terms | theBookseller.com.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Os novos prezos de Amazon favorecen os autores

Segundo contan en Teleread, as editoras veñen pagando aos autores aproximadamente o 25% do prezo final do ebook. MacMillan non pasa do 20%. Pero os autores esperan que os novos prezos axuden a que MacMillan, que representa a sexta parte do catálogo de Amazon, acceda a igualar a marxe dos autores coa da maioría das editoras.

Amazon price capitulation good for authors | TeleRead: Bring the E-Books Home.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Ríos de tinta (electrónica) sobre Amazon e MacMillan

“Las nuevas condiciones de Macmillan implican que a partir del mes de marzo la editorial venderá sus libros a los distribuidores con un 30% de descuento -recordemos que Amazon pide el 50% de descuento-, y el precio final del libro lo fijará Macmillan y no un distribuidor. Macmillan propone que las novedades y los bestsellers se lancen a un precio entre 12,99$ y 14,99$, y no a 9,99$, que es el precio habitual establecido por Amazon. Después de retirar los libros de Macmillan de un día para otro, finalmente Amazon ha aceptado las condiciones y ha vuelto a incorporarlos (31/1/2010) en su web. Vale la pena notar que Macmillan también ha anunciado que la mayoría de sus novedades editoriales se comercializarán al mismo tiempo en versión papel y en versión digital, y que los precios inicialmente fijados podrán ir cambiando.”

Parece que non hai outra noticia, e as consecuencias aínda non están claras. É curioso, a diario leo no meu lector de feeds unhas 300 noticias das fontes que teño seleccionadas. Mais cando hai algunha noticia que semella afectar á estrutura desta incipiente industria, o mundo parece deterse e as novidades redúcense a unhas 100 diarias, a maioría das cales tocan reiterativamente o punto de debate.

O interese de todas as partes implicadas agora mesmo parece centrarse no dano que producirá a Amazon a aparentemente impulsiva decisión de retirar os libros de MacMillan temporalmente do seu catálogo, as expectativas que presenta o modelo de Apple e os problemas de dereitos que deberá enfrontar até poder consolidarse internacionalmente e, entrementres, a inauguración da libraría de Google cara á primavera. Diversión ilimitada, que dicían os videoxogos do século pasado.

víaBEAT Internacional » Blog Archive » Amazon acepta las condiciones de Macmillan de subir los precios de sus libros para Kindle.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Amazon e MacMillan

En poucas palabras:

-Amazon pretende cubrir o oco do mercado do ebook dos que non queren pasar polo sistema pechado de Apple.

-Fixa en $9,99 o prezo dos ebooks vendidos sen intermediarios, mesmo subvencionando os títulos cando é preciso.

-Probabelmente a consecuencia do anuncio do iPad por parte de Apple, e sabendo que son moitas as editoras que non concordan coa política de Amazon de marcar un prezo fixo que consideran baixo, rexeita as condicións que Amazon lle ofrece.

-MacMillan determina que venderá os seus ebooks a través de distribuidores que recibirán o 30% e que o prezo de cada título será fixado por separado, que isto é preciso para que lle saian as contas.

-Os libros electrónicos de MacMillan oscilarán entre $6 e $15 aproximadamente e sairán ao mercado ao mesmo tempo que as versións en papel.

-As novidades rondarán habitualmente os $15 no momento da publicación e verán reducido o prezo co paso dos meses.

-A MacMillan non lle saen as contas con Amazon e plántalle cara.

-Amazon retira os libros de MacMillan da tenda, ou máis ben, a ligazón que permite mercalos.

-Aparecen editoras que xustifican e apoian a decisión de MacMillan.

-Todos critican a Amazon polo expeditivo e agresivo da súa decisión.

O resto dos detalles non os coñecemos polo de agora (alén da carta que o CEO de MacMillan enviou a todo o equipo o venres, realmente moito mellor idea que enviala directamente á prensa), mais irán saíndo ao longo dos días.

Cada elo da cadea está preocupado porque poida desaparecer calquera dos outros, o que pode dar nunha reconversión da industria máis rápida e incontrolada do que todos desexarían mais

Deben ingresar os distribuidores o 30% como no libro en papel sen pedirlles a cambio máis que a colocación nun catálogo?

Ao final que destino correrán os metadatos que os lectores arelamos?Poderían ser o elemento que marcase a diferencia entre uns distribuidores e outros, entre un prezo e outro para un mesmo libro?

An open letter from the CEO of Macmillan « Nate’s Ebook News.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Ebooks de Apple, boas noticias

Segundo apareceu onte no Wall Street Journal, as editoras permitirán que Apple venda as súas novidades entre $14.99 e $12.99, o que vén sendo practicamente un 50% do prezo en papel. A decisión podería estar motivada por un interese das editoras de reducir o protagonismo de Amazon no mercado do virtual e promover a competencia, o que lles permitiría poder xogar con máis fichas.

vía$14.99 for an ebook? Awesome! « Nates Ebook News.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Un novo concepto: autores Amazon

Hai tempo que se discute se Internet é unha boa vía para os autores promocionaren directmante as súas obras, sen necesidade de intermediarios. Os editores non temen que este feito, por simple que poidese ser levalo á practica en canto á tecnoloxía, lles quite volume de negocio porque os escritores a tempo completo normalmente prefiren escribir que dedicar as súas horas e relacionarse nas redes sociais. Así que non hai medo de que se veña abaixo a industria por esta razón.

Onte lía nun blogue que os clientes das editoras non son os lectores senón as distribuidoras, por iso os lectores non se sinten tidos en conta nas estratexias das editoras. E pode ser certo. Amazon comeza a facer anuncios de contratos en exclusiva con escritores de best sellers, que renuncian a que unha editora reparta custos e beneficios coas distribuidoras, e presumibelmente reparte arredor dun 30% con eles.

Non serán a maioría dos escritores os que fagan autopromoción e coloquen os seus libros directamente nas tendas pero a máis de un deben andar a facerlle as beiras Amazon e compañía.

Amazon exclusives lock up some Covey bestsellers: Tough luck, Sony and Nook owners | TeleRead: Bring the E-Books Home.

Chuzame! A Facebook A Twitter