Twitter e Facebook desde o pc: Hootsuite

Comezo o penúltimo día de agosto poñendo a punto o Hootsuite para enfrontar setembro con axilidade. Hootsuite é unha de tantas apps para a xestión de perfís nas redes scociais. Eu escollina principalmete porque presenta a información de forma clara e porque resulta moi rápida para xestionar perfís múltiplos. Aínda que contempla varias alternativas de pago, a versión de balde é máis que suficiente para min. Ademais ofrece un botón para o navegador, para publicar directamente a través de calquera dos nosos usuarios, en calquera das redes admitidas, a páxina que estamos a visitar. Realmente cómodo.

Tamén teñen versión para o móbil. Pero aí eu prefiro o Seesmic.

WordPress para Android

QR Tag for current URL open in your web browserA versión anterior de WordPress para Android tiña certos problemas que facían que ficase atorada cando tentabas subir fotos. Mais hoxe actualiceina para a última versión e vai perfecta. Ao introducir usuario e clave permite xestionar todos os blogues adscritos ao teu usuario e anotar, borrar e editar anotacións. A subida de fotos funciona perfectamente, tanto desde a galería do móbil como o acceso á cámara desde WP para tirar unha nova foto e subila directamente ao blogue. Anteriormente utilizaba para este fin servizos externos como Shozu ou Pixelpipe, mais o problema que presentaban era que as imaxes non subían realmente ao blogue, senón que só aparecían nas anotacións a través de ligazons, o que significa que en caso de desaparecer o servizo ou borrar a túa conta, as imaxes desaparecerían automaticamente do blogue; e, en caso de facer un backup dos contidos aloxados no blogue, esas imaxes nunca estarían incluídas entre os datos, só as ligazóns para os servizos externos.

Se tes un móbil con Android, podes instalar desde o Android Market un lector de códigos como o Barcode Scanner. Esta aplicación permitirache ler o cadriño que aparece nesta anotación, que che presentará unha ligazón para instalares a aplicación de WordPress cun par de clics.

Selección de ligacións do día

O libro é o artigo de lecer que máis baixa en vendas no Reino Unido.

O CEO de Penguin aforma que o ebook é o novo libro de peto. (E que as marxes non son tan grandes cando o autor quere máis marxe e o lector prezos máis baixos).

Amazon segue a conseguir contratos en exclusiva con autores de primeira liña de vendas.

Uns 40 títulos de Pearson dispoñibeis como apps para o iPhone. A súa descarga é de balde e inclúe un capítulo de proba. Para ler o libro completo é preciso mercalo.

Java segue a ser a plataforma preferida para ler nos móbiles, mais o seu crecemento é do 75% por trimeste, mentres que Android, con cotas substancialmente máis baixas polo momento, está a medrar a razón dun 26% ao trimestre! (o iPhone como plataforma de lectura crece un 21% trimestral nos países anglófonos).