Problema de cobertura wifi solucionado

Desde hai uns meses teño un Asus Vivobook que non se levaba ben coa recepción da wifi en Ubuntu. Trátase dun portátil cunha pantalla táctil, que hei de recoñecer que non uso demasiado a non ser cando me vexo obrigada a traballar desde Windows 8 e un microprocesador i5. Mirei solucións mais as poucas que me daban esperanzas eran complicadas de máis para min e non parecían funcionar en todos os equipos.

Desde a actualización de hoxe, todo funciona perfectamente. Atrás ficaron os problemas de teclas de funcións e, agora tamén, a conectividade á rede da casa.

Todo en orde.

Revolucionario lector de Asus confirmado

Non me prace nada comentar cada novo lector de libros que se anuncia ou que se pon á venda porque xa perdín o interese por este tipo de aparellos, sen ter tido ningún! Mais hai algunhas noticias que poden marcar un antes en un despois na tecnoloxía doméstica.

Parece ser que Asus vén de confirmar as especificacións técnicas DR-750, o novo ereader anunciado para finais de 2010, logo de que durante a fin de semana en varios blogues dos máis recoñecidos se dubidase da súa existencia. O prezo ofrecido está por baixo dos 200 $.

Mais para o último trimestre deste ano terá agromado xa unha variedade de tablets que, aínda que por máis cartos, permitirán moitas máis operacións que calquera lector de ebooks, por bo que sexa, e eu non terei dúbidas.


Asus readies colour e-book reader • Register Hardware.