Non vaias ao mercado estadounidense sen axente
Hai moitos anos, os libros que chegaban ás oficinas das editoras enviados por incansábeis autores na procura de quen os descubrise para a posteridade, formaban as slush piles, moreas de quilos de nova pasta de papel.
Parece ser que o último libro editado por Random House sen intermediación dun axente foi publicado en 1991. A razón é que os editores non se atreven a publicar calquera cousa que reciben sen defensa explícita dunha axencia polo temor a que sexa un plaxio e que isto poida traerlle grandes problemas legais.
Teño idea de que en Galiza existe só unha axencia literaria e que está dedicada sobre todo á venda de dereitos no exterior, así que a situación é para nós totalmente distinta. Ou precisamente é relativamente fácil publicarmos un libro en galego mais tan difícil como para calquera, por moito que se teña publicado en galego xa, traspasar as fronteiras galegas e conseguir levalo ás tendas de Bilbao, de madrid, do Porto ou de Lisboa?


