More in store: campaña de freebies de B&N

Máis na tenda é a tradución da nova campaña de B&N. Cada 7 días poñen no escaparate novos títulos que poden ser descargados de balde durante 4 semanas. O quid da cuestión é a educación: ofrecen libros con contidos complementarios, extras que non se atopan habitualmente nos PDFs pelados que venden as editoras e as librarías. Así van testando o valor que os clientes dan a cada plus e adestran os usuarios para que se familiaricen coa páxina de B&N.

B&N Introduces More in Store | The Digital Reader.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Guía de privacidade dos lectores

An E-Book Buyer’s Guide to Privacy | Electronic Frontier Foundation.

lonewolflibrarian

Chuzame! A Facebook A Twitter

O Nook de Barnes & Noble en cifras

Non coñecemos o número de Nooks reservados até o momento, mais o 30 de novembro comezarán a ser enviados aos seus compradores e B&N espera distribuir uns 900.000 na campaña de Nadal.

Onte lin que en España se esperaba vender entre 50.000 e 70.000 lectores de libros. Non me parece que acaben de casar os dous datos, ou, máis ben, as dúas expectativas.

Nook becomes fastest selling product at B&N | theBookseller.com.

Chuzame! A Facebook A Twitter

As grandes editoras frean o Nook

Xa son un grupo as grandes editoras que frearon a intención inicial de B&N de permitir partillar os libros indefinidamente. O permiso actual comprende o préstamo de dispositivo a dispositivo durante 14 días, despois dos cales xa non será posíbel transferir o arquivo a outro aparello. Aos editores segue a parecerlles un esgoto por onde poden deixar de vender moitos exemplares, ao tempo que loitan por asignar aos ebooks un prezo superior ao desexábel polas librarías.

Publishers crippled the Nook? Don’t like the lending feature | TeleRead: Bring the E-Books Home.

Chuzame! A Facebook A Twitter

O Nook de Barnes & Noble en funcionamento

Nook eBook Reader by Barnes and Noble – Demo…10.21.09 « The Proverbial Lone Wolf Librarian’s Weblog.

Chuzame! A Facebook A Twitter

O novo lector de Barnes & Noble

Custa 259 $, ten dúas pantallas, unha de LCD do tamaño da do iPhone, conexións 3G e wifi. Pesa 317 gramos, le distintos formatos, podes partillar os teus libros durante 14 días ou descargalos a distintos dispositivos. Na súa tenda hai moreas de libros de balde para descargar, e desde o teu perfil na súa web podes crear a túa biblioteca, compartila, escribir reseñas sobre as túas lecturas e mesmo crear unha wishlist cos títulos que estás desexando que che regalen.

Unha boa proposta para tentar manter un negocio do século pasado no presente.

Barnes & Noble – Books, Textbooks, Used Books, DVDs, Music, Toys, Home & Gift.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Barnes & Noble vs Kindle

Barnes & Noble:

-Aposta polo formato ePub.

-Poderase acceder á súa tenda desde calquera dispositivo.

-Ofrecerá préstamos de libros.

-Presentará o seu novo lector o próximo día 20, no que considera o maior evento da historia da empresa. Fálase de que incluirá 2 pantallas, unha de etinta e outra lcd que funcionarán independentemente.

-O novo lector terá conexión wifi, non 3G.

E mentres Amazon:

-Lanza a versión internacional do Kindle con conexión 3G mais sen acordos coas telefónicas.

-Só ofrece parte do seu catálogo en inglés.

-Os lectores perden os libros cando abandonan o seu Kindle.

Se tiveses que investir por cal optarías? (Si, xa sei que o modo de presentar a información neste caso non deixa dúbidas sobre as miñas preferencias, pero como estamos xogando coa miña pelota…)

Barnes & Noble podría presentar eReader y préstamo de ebooks. Soybits.

Chuzame! A Facebook A Twitter

O novidoso dispositivo de B&N

Moito se leva falado nestes días do novo lector de libros de B&N. Parece agora confirmado que terá dúas pantallas, unha lcd do tamaño aproximado da do iPhone, e unha de tinta electrónica máis grande.

O misterio revelarase a próxima semana, e mentres seguimos agardando o lector de dúas pantallas de Asus e outros modelos que esperamos que aparezan de cara ao Nadal.

El dispositivo de B&N tendrá dos pantallas: eink y LCD. Soybits.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Chega o lector de ebooks de Barnes and Nobel para novembro

Parece ser que o novo dispositivo terá unha pantalla de 6″ e teclado virtual, o que o separa dos botóns físicos do Kindle. Ademais permitirá conectarse por wifi á web da tenda de B&N para descargar libros.

Barnes and Nobel E-Reader Coming Soon…10.09.09 « The Proverbial Lone Wolf Librarian’s Weblog.

Chuzame! A Facebook A Twitter