Os 4 consellos de Mike Elgan para a industria editorial

Atopo a ligazón para o artigo de Mike Elgan titulado Por que a industria do libro necesita o modelo Silicon Valley no Twitter de Julieta Lionetti, muller coa que comparto, ademais do gusto polo pan artesanal, a preocupación polos metadatos 🙂

Mike Elgan analiza o proceso de produción dun libro antes e despois do boom dixital e ofrece 4 consellos á industria editorial, que paso a traducir:

1. Deixa de menosprezar a autoedición. Pensando nela e no seu mercado como o que son: un viveiro que é a chave da túa salvación.

2. Pensa nun libro no mesmo modo en que un servizo baseado na nube pensa no seu produto. Sempre como un traballo en proceso e nunca rematado. Gran parte da non fición e tamén algunhas obras de fición deberían ser relanzadas con melloras, correccións e actualizacións.

3. Deixa de pensar que un libro é un feixe de papeis. Un libro non ten forma física. É unha colección de ideas. Ten propiedade intelectual. Ti non vendes polpa de árbores. Vendes historias e información, e deberías vendela en calquera forma e a través de calquera medio que o cliente demande, sen temor e sen tentar manipular os lectores con datas de lanzamento en distintas plataformas. Lanza todos os formatos tan axiña como poidas e deixa que os lectores escollan.

4. Acaba cos adiantos. Non hai ningunha razón para asumir ese investimento. Cambia o modelo para que só te incite a investir en gañadores seguros. Actúa con austeridade cos autores e coas túas propias operacións. Reducindo o custo por autor, a mesma cantidade de diñeiro pode soster un número maior de autores e, portanto, incrementar as posibilidades de crear grandes éxitos editoriais.

Esta semana temos outra boa noticia que anunciarvos: o equipo de Algueirada administrará a comunidade de meubook.com. Meu book é a primeira plataforma galega de edición de ebooks e de impresión baixo demanda para editoras e autor@s. Estades tod@s convidad@s á presentación que terá lugar na sede de Caixanova en Santiago o día 27 de maio ás 12:00 (para confirmar asistencia podedes chamar ao 902 905 024). Coñeceredes todos os detalles da plataforma e regalaremos camisolas de Blogaliza!

Librarías universitarias e Expresso Book Machine

A Asociación Nacional de Librarías Universitarias dos EUA acaba de asinar un contrato con On Demand Books, fabricante da Expresso Book Machine, para surtir máquinas para os seus 3.100 establecementos asociados.

A noticia é moito máis importante aínda do que poida paracer inicialmente. A máquina máxica adóptase como ferramenta familiar nas librarías univrsitarias; os seus clientes, compradores habituais de libros, afanse a novo modelo de impresión baixo demanda, aos novos estándares de calidade que producen estas máquinas e a ter calquera libro do catálogo en cuestión de minutos. E sorprendentemente popularízase o servizo.

víaCollege Bookstores to add Espresso Book Machines | Nate’s Ebook News.