Google Nexus One

Dise que sairá mañá á venda e que só se poderá mercar inicialmente se se recibe un convite de Google. Tamén se dicía hai uns días que sería un terminal totalmente libre mais agora parece que será Tmobile quen o comercialicen nos EUA e Vodafone en Europa. Díxose que o prezo do terminal libre sería de 200 $ con 100 $ de crédito en produtos Google para os compradores cunha conta antiga…

O que si se sabe con certeza é que é un modelo de HTC que funciona con Android, que ten 512 Mb de ram, cámara de 5 Mp, pantalla de 3,7” e que soporta 5 escritorios. Sábense de feito todas as especificacións, aínda que agora non veñan ao caso.

Que Android sexa o sistema operativo do Nexus significa que ten unha base software aberta a que calquera desenvolva aplicacións para el, así que o número de xoguetes virtuais para estes aparellos pode chegar a ser unha loucura.

E que tal se levará coa lectura? Eu, que son unha firme convencida de que o móbil en xeral, alén do iPhone, se xeneralizará proximamente como dispositivo habitual e cómodo de lectura, penso que o Nexsus se vai levar fantasticamente ben cos libros. Creo que a maioría dos modelos máis populares de terminais aínda incorporan Symbian ou mesmo sistemas operativos particulares da marca, como moitos dos modelos de LG; por iso é tan complicado facerse con software de lectura agradábel e que funcione ben. Os móbiles con Android son actualmente a mellor opción para os que queremos incorporar o móbil a todas as parcelas da nosa vida que son ou queremos converter en sociais -pola cantidade de aplicacións desenvolvidas xa a día de hoxe e pola potencia da súa cámara, que permite facer fotos e mesmo streaming de vídeo dunha calidade máis que aceptábel- e para os que gustamos de aproveitar calquera momento para ler.

E mentres agardamos que aumente a oferta de ebooks, tanto en títulos como en modos de venda.

Outro día falaremos sobre as aplicacións de lectura de libros.

Y más fotos del Googléfono Nexus One….

Chuzame! A Facebook A Twitter

FICOD: obradoiro de autoedición

Estou en FICOD en Madrid, a feira dos contidos dixitais que alberga a Feira do libro dixital edición cero. O primeiro evento ao que asisto é un obradoiro de autoedición impartido por Marta Bernal de Bubok. Somos arredor de 50 asistentes, dos cales hai 2 que teñen libro publicado en Bubok, servizo de publicación e impresión baixo demanda. Creo que só dous temos o portátil aberto.

A miña impresión cando lles botei unha ollada foi que era moderadamente simple subir e compoñer o libro, que as opcións de impresión eran suficientemente variadas pero o prezo parecérame excesivamente caro, sobre todo para tiraxes moi pequenas.

“O libro máis vendido de Bubok leva 600 exemplares”

Marta comeza destacando a usabilidade do servizo e a variedade de opcións para o produto final.

O perfil de autor pode asociarse a redes sociais. Os libros poden ser votados polos lectores.

Unha vez cubertos os gastos de edición, o autor decide se quere gañar cartos co libro ou non. Do prezo que engade o autor para o seu beneficio Bubok recibe o 20%. O pagamento pode ser mediante varios métodos como Paypal ou por teléfono.

Se o autor quere ter presenza en librarías debe contratar o ISBN directamente na Axencia do ISBN gratuitamente ou contratalo a través de Bubok, que tamén se encarga do envío dos 5 exemplares ao Depósito legal.

“O libro dixital normalmente regálase en Bubok”

Bubok ofrece a distribución a unhas 100 librarías cando algunha destas solicita exemplares de calquera dos libros publicados en Bubok. Para isto o libro debe ter ISBN e Depósito legal, non conter faltas de ortografía nin pixelados na portada. Se o autor quere que o seu libro entre no catálogo aberto ás librarías debe pagar 39 € a Bubok pola revisión.

“A marxe media de beneficio do autor é de 3 €”

Antes de subir un libro a Bubok:

-Escoller tamaño entre as 7 opcións posíbeis.

-Contar cunha versión PDF do libro.

-Ter en conta as marxes ao maquetar o documento.

-Ter en conta as páxinas de cortesía.

-Solicitar un exemplar de proba antes de promocionar a venda do libro.

Subir un libro:

-Subir PDF.

-Introducir datos da obra.

-Escoller formato (tamaño, cor, papel).

-Escoller capa.

-Escoller só descarga PDF e/ou impresión baixo demanda.

-Escoller prezo. (se o autor decide cobrar beneficios polo libro, estes serán ingresados por transferencia por Bubok).

Conta que teñen moito éxito entre os estudantes que elaboran apuntamentos de calidade. Acabouse iso de pedir os pauntamentos prestados.

Teñen 15.000 libros publicados. A partir de 2010 ofrecerán máis servizos, como a promoción en prensa e webs especializadas e coaching literario.

Hai editoras que utilizan Bubok com plataforma de impresión de libro descatalogado, tamén a Biblioteca Nacional, Dédalo, etc.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Suso de Toro en Bubok

Suso de Toro ofrece o seu último libro en Bubok por 14 € e en formato dixital de balde (doazón optativa de 1 €) na libraría de Libro de notas.

“¿Por qué te has decidido a publicar un libro en formato electrónico (aunque también se venda en papel)?

–Mi vida de escritor es un poco rara. Los escritores somos personas gruñonas y conservadoras, nos gusta el pasado y detestamos que todo cambie, que transcurra el tiempo. Yo también soy así, lo que ocurre es que por circunstancias me veo obligado a buscar siempre formas nuevas de estar. Por ejemplo, en el año 1999 por orden de Fraga me echaron como colaborador de un periódico y censuraron en adelante mi nombre y cualquier libro mío,teniendo en cuenta que entonces ya estaba censurado mi nombre en otros me vi en una situación extraña, en mi ciudad, Santiago, y casi en Galicia, dejaba de existir como escritor, desaparecía. Así que se me ocurrió lo de abrir una página web y decir allí lo que quería, era un modo de no dejarme liquidar, aunque fuese simbólico. Luego me dijo mi amigo David de Ugarte que había sido el primer escritor del mundo en abrir una especie de blog. Pues bueno, yo entonces no tenía ni idea de lo que era un blog, simplemente trasladé a la red un concepto anterior, una especie de botella al mar que puede ser leía por cualquiera. Ni se me ocurrió, ni soportaría, la idea de recibir contestaciones. Eso me crea agobio.

Y la decisión de entrar en el libro digital también es producto de las dificultades. El libro lo tenía comprometido una editorial, pero rompió el acuerdo, luego mi agente se lo ofreció a otra editorial y dijo que le gustaba mucho pero que era muy gordo y que había crisis así que cuando Marcos Taracido de Librodenotas me ofreció probar acepté verdaderamente contento: no hizo falta que me animase, me apetecía. No puede uno dejarse destruir como autor, el autor necesita poder llegar a sus lectores y, por otra parte, en la comunicación artística debe haber siempre una parte de juego, de alegría. No me sé estar quieto. Aunque, digamos que soy moderno a la fuerza.”

Podes ler a entrevista completa na seguinte ligazón:

vía“Andar Tropezando” de Suso de Toro en formato digital | Contenidos Digitales.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Bubok e ecultura organizan a I Feria del libro digital

“La Primera Feria del Libro Digital que organizamos junto a e-cultura la vamos a celebrar en Madrid los días 17, 18 y 19 de noviembre en el contexto inmejorable del III foro Internacional de Contenidos Digitales”

víaBlog de Bubok – Publicar tus libros gratis » La Feria del Libro Digital se celebrará en FICOD´09.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Análise dun libro comprado en Bubok

Unha detallada descrición do proceso e do libro mercado baixo demanda. Os prezos poden consultarse directamente na web de Bubok.

Análisis de un libro comprado en Bubok, Carrero.

Chuzame! A Facebook A Twitter

A Biblioteca Nacional alíase con Bubok para imprimir os seus libros baixo demanda

De entrada non parece moito. Dar pequenos pasos con gran repercusión é razoabelmente sinxelo nestes momentos, mais ir un paso adiante ou, cando menos, non ficar un paso atrás, semella máis difícil pois esixe mentalidades creativas, proxectos a medio-longo prazo e respaldo económico.

“Por el momento, la página personalizada de la Biblioteca Nacional en Bubok ofrece 85 títulos maestros como ‘El Beato de Liébana’ o ‘La Celestina’, que se irán ampliando en los próximos meses con las obras más consultadas de sus catálogos.”

vía ABC.es

Chuzame! A Facebook A Twitter

O imparábel camiño cara á impresión baixo demanda

Bubok, acuerdo con la Biblioteca Nacional y algunas cifras | Loogic.com.

Desde logo as cifras de vendas de Bubok son baixísimas polo momento pero este acordo pode marcar un antes e un despois, tendencia absolutamente oposta á que seguen de modo imparábel os grupos de comunicación até onte máis potentes. Os datos económicos do grupo Prisa, tal e como os comenta E. Dans, son de vertixe. Eu tampouco quero que entreguen os cartos de todos a grandes grupos cuxo modelo de negocio está abocado á desaparición en moi pouco tempo. É como encherlle os petos de moedas a alguén con tendencia ludópata.

“En los negocios de internet puedes hacer dos cosas, quedarte esperando a que llegue el éxito o salir cada día a vender. En esto Ángel María Herrera está trabajando mucho para llevar Bubok al mundo real, no solo a los medios de comunicación sino a las instituciones y empresas por medio de acuerdos como el que ahora vemos.

La Biblioteca Nacional de España ha suscrito un convenio de colaboración con Bubok para la publicación y venta, mediante esta plataforma, de las obras de la BNE incluidas en la Biblioteca Digital Hispánica. Me parece muy interesante que una institución pública opte por una colaboración con una empresa establecida en lugar de intentar crear su propio sistema que costaría millones de euros de crear y poner en marcha.

Otras novedades interesantes sobre Bubok son el rediseño de su web por parte de Secuoyas y Brandea. También podemos dar algunas cifras de la actividad del proyecto: 8.600 libros publicados, 35.000 libros descargados, 27.000 libros vendidos en papel. Unas cifras que se multiplicarán gracias a acuerdos como este con la Biblioteca Nacional y otros en los que ya están trabajando.”

Chuzame! A Facebook A Twitter