Dise que sairá mañá á venda e que só se poderá mercar inicialmente se se recibe un convite de Google. Tamén se dicía hai uns días que sería un terminal totalmente libre mais agora parece que será Tmobile quen o comercialicen nos EUA e Vodafone en Europa. Díxose que o prezo do terminal libre sería de 200 $ con 100 $ de crédito en produtos Google para os compradores cunha conta antiga...
O que si se sabe con certeza é que é un modelo de HTC que funciona con Android, que ten 512 Mb de ram, cámara de 5 Mp, pantalla de 3,7'' e que soporta 5 escritorios. Sábense de feito todas as especificacións, aínda que agora non veñan ao caso.
Que Android sexa o sistema operativo do Nexus significa que ten unha base software aberta a que calquera desenvolva aplicacións para el, así que o número de xoguetes virtuais para estes aparellos pode chegar a ser unha loucura.
E que tal se levará coa lectura? Eu, que son unha firme convencida de que o móbil en xeral, alén do iPhone, se xeneralizará proximamente como dispositivo habitual e cómodo de lectura, penso que o Nexsus se vai levar fantasticamente ben cos libros. Creo que a maioría dos modelos máis populares de terminais aínda incorporan Symbian ou mesmo sistemas operativos particulares da marca, como moitos dos modelos de LG; por iso é tan complicado facerse con software de lectura agradábel e que funcione ben. Os móbiles con Android son actualmente a mellor opción para os que queremos incorporar o móbil a todas as parcelas da nosa vida que son ou queremos converter en sociais -pola cantidade de aplicacións desenvolvidas xa a día de hoxe e pola potencia da súa cámara, que permite facer fotos e mesmo streaming de vídeo dunha calidade máis que aceptábel- e para os que gustamos de aproveitar calquera momento para ler.
E mentres agardamos que aumente a oferta de ebooks, tanto en títulos como en modos de venda.
Outro día falaremos sobre as aplicacións de lectura de libros.
Y más fotos del Googléfono Nexus One....