Pawley envíame un convite para Dropbox. Trátase dun disco duro online de 2 Gb de balde -hai opcións de maior capacidade por subscrición mensual- onde poder almacenar os arquivos do ordenador que queres ter a man desde calquera equipo conectado a internet. Ofrecen unha ligazón pública para poder partillar cada arquivo, e amplían a capacidade do teu espazo en 250 Mb por cada novo usuario que se rexistre atá un máximo de 3 Gb máis.
É preciso instalar unha aplicación para que o teu espazo apareza no teu escritorio ou onde queiras como un cartafol, que podes abrir, engadirlle arquivos ou subcartafoles e eliminalos cando decidas. Teñen versións para Linux, Mac e Windows.
Acabo de facerlles unha pregunta sobre a privacidade dos datos mais aínda con todo paréceme unha boa idea.