Coa velocidade á que se suceden os cambios tecnolóxicos, cada vez hai máis publicacións que se animan a facer predicións sobre as tendencias e os avances do ano seguinte. Logo de recompilar as que me pareceron máis relevantes sobre o libro electrónico e os social media, paso a escribir unha relación da que, con certeza, sairán os resultados da quiniela de 2011. Ao final da anotación aparecen as fontes consultadas -con tradución automática para galego das escritas orixinalmente en inglés-.
Sorprende que a impresión a demanda non apareza como unha das pedras de toque de 2011 pero, se cadra, as cousas van ir tan rápido que non vai dar tempo a consolidar un negocio baseado no papel que teña como clientela unicamente o usuario final individual. Tampouco os futurólogos falan moito sobre a lectura na nube, nin sobre os servizos de subscrición, talvez porque pensan que a súa madurez non chegará até pasado ao ano en curso. O DRM parece que tampouco é tema permanente de conversa xa, nin o préstamo de libros entre usuarios, nin, portanto, o debate sobre se os contidos son adquisicións ou utilización de servizos. Será que en 2011 van mudar menos cousas no sector editorial que no resto do mundo? Se a predición de que a finais de 2011 1 de cada 5 libros vendidos será dixital, coa que parecen estar de acordo case todos os gurús, porque está calculada sobre as cifras de crecemento de 2009, fose acertada, non deberían producirse moitos máis cambios nestes aspectos de acabo de sinalar como ausentes das predicións máis consensuadas? Eu creo que si.
1. Soben as vendas de eobboks até o 20% do mercado editorial.
2. Os axentes gañan relevancia.
3. A autoedición tamén aumenta en títulos e en vendas.
4. A competencia fai baixar os prezos dos ebooks.
5. Bibliotecas, arquivos, galerías de arte e museos acabarán por converxer.
6. As editoras continuarán a negar os seus catálogos dixitais ás bibliotecas por non atopar modelo de negocio sustentábel con elas.
7. As identidades dixitais dos usuarios evolucionarán cara a contornos 3D
8. Será o ano da integración: aparellos, aplicacións, redes, etc.
9. O vídeo é o rei. (Comentario meu: polo momento só a tenda e a app de lectura de Apple permite incluír reproducir nos ebooks)
10. Expansión dos medios sociais con obxectivos políticos.
11. As grandes compañías darán os primeiros pasos para atopar novos camiños (por fin).
12. Desenvolvemento das compras en grupo.
13. Google tentará competir con Facebook a través dunha nova ferramenta relacionada con Gmail ou a través da compra dunha empresa grande.
14. Segue caendo a prensa en papel até a súa desaparición antes de 2020.
15. O móbil como ferramenta de comunicación, información e pagamento.
16. Experimentos con novos modelos de negocio para o sector editorial.
17. Os tablets e lectores baixarán de prezo.
18. Desembarco do libro enriquecido.
19. Deixará de ser tema de conversa xeral a crise do mercado editorial e será substituído polo das iniciativas innovadoras.
20. As vendas de literatura para adultos novos aínda medrarán máis.
Predicións de Smashwords para 2011
1ª entrega de predicións de Librarians matter para bibliotecas
Librarians Matter en galego
Predicións de Mari Mar Jiménez en 5 Días
Carles Dijous sobre a web e o vídeo dixital
Predicións de Microsoft en 2000 para o libro electrónico en 2010
Predicións de Microsoft en galego
5 predicións de Mark Coker para o libro electrónico en 2011
Mark Coker en galego
Social Media Predictions 2011
Predicións de Paperblog e análise do estudo anterior
Predicións de DosDoce para o sector cultural en 2011
6 predicións de ReadWriteWeb
ReadWriteWeb en galego
Publishing Perspectives
Publishing Perspectives en galego
Online College
Online College en galego
40 cousas que hai que seguir en 2011 segundo Mashable en inglés
Mashable en galego
Read This Post