Google e nós

Veño de ler que Google dixitalizará 500.000 libros dos fondos da Biblioteca de Lyon nos próximos 10 anos. E as nosas bibliotecas? Alguén sabe que se está a facer aquí? Hai aproximadamente 3 meses, nunha das ocasións en que coincidimos con Luis Collado, director de Google Books España, preguntámoslle se tiñan contactos co noso governo para emprender plans de dixitalización. A súa resposta foi que actualmente non, se ben houbera un contacto inicial co governo anterior. Tamén dixo que non tiñamos por que preocuparnos, porque tiñan dixitalizado  moitos fondos galegos procedentes dunha biblioteca de Barcelona.

Aproveitamos para preguntarlle tamén por que non estaban as ferramentas de Google traducidas a galegoe explicounos que a razón era a mesma. Os governos catalán e vasco asinaran/pagaran acordos de tradución e o noso non. Ofrecémoslle o noso equipo para facer a tradución e comprometernos ás actualizacións por un tempo razoábel pero dixo que Google non traballaba así.

Preguntamos entón que pasaría se o noso governo nunca chegaba a falar con eles. Explicounos que Google tamén leva a cabo as súas propias traducións e que ten unha relación de linguas ás que ten planificado traducir as súas ferramentas aínda que non conte con cartos institucionais. Queredes saber o lugar que ocupa o galego nesa lista? Eu tamén.

Google to Scan Lyon’s Library.

Chuzame! A Facebook A Twitter

No camiño das subscricións

Spotify ten máis de 7 millóns de usuarios, dos cales aproximadamente pagan unha subscrición de 10 € ao mes por escoitar música sen cortes publicitarios e acceder a áreas de contidos exclusivas para os sobscritores.

Si, son uns ingresos de 2 millóns e medio de euros ao mes. Hai algún tempo todo o munso dicía que o sistema de pago por subscrición e streaming eran insostíbeis. Pasará moito tempo até que poidamos acceder a servizos de lectura similares?

Spotifys Premium service growing fast – Pocket-lint.

Chuzame! A Facebook A Twitter

300 autores de “high profile” presentan documento contra o asentamento de Google Books

“A difusión libre e de balde da información e da literatura, como se dá nas bibliotecas públicas, pode e debe existir nos medios electrónicos. Todos os autores esperan tal cousa… mais non podemos ter difusión libre e de balde da literatra a menos que o uso dos materiais escritos continúe a ser controlado polos que escriben ou polos que ostentan a propiedade dos seus dereitos, … Animamos o noso governo e a nosa xustiza para que non permitan que ningunha corporación sortee a lei da propiedade intelectual ou dicte os termos de tal control.”

víaHigh profile authors petition against Google Book Settlement | TeleRead: Bring the E-Books Home.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Novas obxeccións francesas a Google Books

O Syndicat National de L’Edition, SNE, vai presentar 10 páxinas de novas obxeccións ao asentamento de Google Books.

víaQuick note: French Publishers Association to make new Google objections | TeleRead: Bring the E-Books Home.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Apple non para de falar

Hai pouco contabamos que HarperCollins estaba en conversas de negocios con Apple ante a inminente presentación do seu novo tablet. Os rumores continúan e agora serían a división educativa de McGraw-Hill e o grupo Hachette.

O tablet de Apple vai vir como un capón de Vilalba. A próxima semana verémolo e fartarémonos de ler “xa o dixera eu”.

víaApple in talks with further two publishers | theBookseller.com.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Como leremos en 10 anos?

A gráfica mostra parte dos resultados da enquisa da Universidade de Colorado sobre as predicións de hábitos futiros de lectura realizada entre máis de 1000 persoas.

New survey on the future of the book | TeleRead: Bring the E-Books Home.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Apple e as grandes

Parece ser que non é só Harper Collins, como xa mencionamos, senón outros grupos editoriais, están a negociar con Apple produtos, prezos e modelos de negocio, ante a inminente saída a finais deste mes dese tablet que virá ser, segundo rimores, un iPhone ou un iPod de gran tamaño.

As editoras seguen coa idea de contatacar os prezos de Amazon, que quere fixar en estándar os 10 $ que está a cobrar por moitas das novidades editoriais. En poucos días saberemos se habemus novo mercado ou unha nova parte do que xa existe.

US publishers seek new digital model with Apple | theBookseller.com.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Google Books: os axentes non saben que aconsellar

Google dálles até o día 28 de xaneiro para se decidiren. Moitos escritores ven unha gran oportunidade para volveren á vida todos os seus títulos descatalogados e argallar estratexias en bloque. Mais os axentes literarios non o ven claro. Para eles semella que as modificacións introducidas con posterioridade á primeira proposta non foron suficientes para deixar de vulnerar as Leis da propiedade intelectual e en moitos casos están a pedir aos seus clientes que sexan eles quen asuman a responsabilidade de entrar na maquinaria de Google ou ficar fóra. Saben que as consecuencias de calquera das dúas opcións poden significar moitos ceros e non saben a que carta quedar, así que prefiren que sexan os propios autores quen decidan e que unca poidan botarlles as culpas.

Agents offer authors mixed advice on Google | theBookseller.com.

Chuzame! A Facebook A Twitter

O optimismo dos libreiros alemáns

Os distribuidores alemáns séntense moito máis optimistas que hai exactamente un ano, de acordo cun informe recente de Buchreport. Aínda con todo, as editoras de non ficción e de libros de autoaxuda non deberían alegrarse en exceso pois as librarías teñen decidido mercar menos títulos desas categorías este ano. A súa aposta centrarase nas edicións de peto, polo que tamén tentarán ser máis selectivos coa narrativa de capa dura e os audiolibros.

Por outra banda, un terzo dos entrevistados esperan redondear os seus obxectivos a base de videoxogos e outros produtos de lecer.

vía German Booksellers Optimistic, Shun Self Help .

Chuzame! A Facebook A Twitter

50 lugares onde procurar libros

colleges

Peter Scott’s Library Blog: 50 Cool Search Engines for Serious Readers.

Chuzame! A Facebook A Twitter