Poesía infantil

Chrissie Gittins vendeu 10.000 copias dos seus 2 primeiros poemarios, que ela mesma editou. Para o terceiro tivo unha proposta dunha editora que non incluía ningún tipo de adianto e rexeitouna. Gittins prefire promocionar ela mesma os seus libros na rede, parece que polo de agora cun éxito máis que aceptábel, que recibir o 7% dunha 1ª edición que nunca sabes que vida terá.

Children’s poetry can be successful, says self-published poet | theBookseller.com.

Chuzame! A Facebook A Twitter

700 exemplares por minuto, 1 título cada 6′

700 libros de papel por minuto son os que se fabrican en España, 375.000.000 exemplares ao ano. Ao mesmo tempo, A ministra de Cultura declarou que o libro electrónico, sector innovador e innovado en España, mostra a súa boa saúde coas cifras que lle outorgan un 35% de crecemento en 2009 a respecto de 2008.

Visto en Código Cero

La edición de libros electrónicos aumenta un 35% en 2009 | Navegante | elmundo.es.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Selección de ligacións do día

O libro é o artigo de lecer que máis baixa en vendas no Reino Unido.

O CEO de Penguin aforma que o ebook é o novo libro de peto. (E que as marxes non son tan grandes cando o autor quere máis marxe e o lector prezos máis baixos).

Amazon segue a conseguir contratos en exclusiva con autores de primeira liña de vendas.

Uns 40 títulos de Pearson dispoñibeis como apps para o iPhone. A súa descarga é de balde e inclúe un capítulo de proba. Para ler o libro completo é preciso mercalo.

Java segue a ser a plataforma preferida para ler nos móbiles, mais o seu crecemento é do 75% por trimeste, mentres que Android, con cotas substancialmente máis baixas polo momento, está a medrar a razón dun 26% ao trimestre! (o iPhone como plataforma de lectura crece un 21% trimestral nos países anglófonos).

Chuzame! A Facebook A Twitter

IziBook: plataforma de distribución

Izibook é unha plataforma de distribución de contidos deseñada para que as editoras de tamaño pequeno e mediano poidan establecer unha tenda online por un prezo moderado. A plataforma integra o DRM social, aínda que non se pecha a outros tipos de DRM máis restritivos.

IziBook distribution platform | Nate’s Ebook News.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Enovelas gráficas?


Que interesante sería abrir unha colección de novelas gráficas, traducir os textos a un feixe de linguas -tarefa rápida e económica, pola cantidade de texto que presentan as novalas gráficas en relación ás que non o son, maquetar cada cadro com ounha páxina, para que o libro fose lexíbel en calquera dispositivo -e que os de pantalla grande poidesen optar por unha vista de 4 páxinas por exemplo- e emprender un potente plan de márqueting na rede. E, por suposto, ofrecer posibilidades de subscrición.

Are Graphic Novels Ideally Suited to Digital?.

Chuzame! A Facebook A Twitter

LIbros de texto ao iPad

Segundo o Wall Street Journal, un grupo de grandes editoras, entre as que se eoncontraría McGraw Hill, eatarían en tratos coa empresa de aplicacións móbiles Scrolldown para adaptaren os seus libros de texto ao iPad. Deste modo o iPad podería integrarse no contorno educativo como terminal conectado á rede cun amplo abano de recursos multidisciplinares especialmente adaptados.

Textbook companies to partner with ScrollMotion to put content on iPad | TeleRead: Bring the E-Books Home.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Todos queren falar con Amazon

Así é, desde que MacMillan conseguira renegociar o prezo máximo dos ebooks e a súa data de lanzamento, Todos queren sentar coa xente de Amazon. Murdoch, propietario entre outras empresas de Harper Collins, está en completo desacordo no teito dos $ 9,99 e quere aumentalo, aínda que Amazon lle estea a subvencionar os prezos comprometivos ou se ofreza a facelo. Murdoch opina un prezo máximo tan “baixo” desvaloriza o obxecto e prexudica os intermediarios.

Murdoch: Amazon ready to talk e-book terms | theBookseller.com.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Os novos prezos de Amazon favorecen os autores

Segundo contan en Teleread, as editoras veñen pagando aos autores aproximadamente o 25% do prezo final do ebook. MacMillan non pasa do 20%. Pero os autores esperan que os novos prezos axuden a que MacMillan, que representa a sexta parte do catálogo de Amazon, acceda a igualar a marxe dos autores coa da maioría das editoras.

Amazon price capitulation good for authors | TeleRead: Bring the E-Books Home.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Ríos de tinta (electrónica) sobre Amazon e MacMillan

“Las nuevas condiciones de Macmillan implican que a partir del mes de marzo la editorial venderá sus libros a los distribuidores con un 30% de descuento -recordemos que Amazon pide el 50% de descuento-, y el precio final del libro lo fijará Macmillan y no un distribuidor. Macmillan propone que las novedades y los bestsellers se lancen a un precio entre 12,99$ y 14,99$, y no a 9,99$, que es el precio habitual establecido por Amazon. Después de retirar los libros de Macmillan de un día para otro, finalmente Amazon ha aceptado las condiciones y ha vuelto a incorporarlos (31/1/2010) en su web. Vale la pena notar que Macmillan también ha anunciado que la mayoría de sus novedades editoriales se comercializarán al mismo tiempo en versión papel y en versión digital, y que los precios inicialmente fijados podrán ir cambiando.”

Parece que non hai outra noticia, e as consecuencias aínda non están claras. É curioso, a diario leo no meu lector de feeds unhas 300 noticias das fontes que teño seleccionadas. Mais cando hai algunha noticia que semella afectar á estrutura desta incipiente industria, o mundo parece deterse e as novidades redúcense a unhas 100 diarias, a maioría das cales tocan reiterativamente o punto de debate.

O interese de todas as partes implicadas agora mesmo parece centrarse no dano que producirá a Amazon a aparentemente impulsiva decisión de retirar os libros de MacMillan temporalmente do seu catálogo, as expectativas que presenta o modelo de Apple e os problemas de dereitos que deberá enfrontar até poder consolidarse internacionalmente e, entrementres, a inauguración da libraría de Google cara á primavera. Diversión ilimitada, que dicían os videoxogos do século pasado.

víaBEAT Internacional » Blog Archive » Amazon acepta las condiciones de Macmillan de subir los precios de sus libros para Kindle.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Juan Freire: os editores piden copias e bibliotecas máis caras

“Es la gran oportunidad de los ebooks, los libros digitales: cobrar por lectura y no por la posesión del volumen.

Eso permitiría que las bibliotecas, especialmente las públicas, pudiesen mantener sus fondos en depósito o usufructo y pagar sólo cuando esas obras sean leídas y consultadas por los lectores. Lo mismo puede hacerse con los libros digitales: un precio por la lectura en soportes digitales, posiblemente con limitaciones de tiempo y copia, y otro precio por una copia digital y permanente del libro.”

víaPeriodistas 21: Los editores piden copias y bibliotecas más caras.

Chuzame! A Facebook A Twitter