Canto demorarán en facer o mesmo FaceBook e a Twitter?
“El portal tiene que hacer frente al rápido aumento de la competencia, con Facebook y Twitter.”
Myspace despedirá al 30% de su plantilla.
Disque van na procura de compañeiros de escola e vellos amigos con que perderon o contacto. Disque non atopan o que esperan. Disque a interface lles resulta complicada.
Aínda que as súas posibilidades son en principio maiores que as de Twitter, por exemplo, acabamos publicando sobre todo actualizacións do estado e ligazóns que nos parecen imperdíbeis. E das que outros publican, se cadra non hai máis dun 10% que nos interese realmente e un 5% que cheguemos a abrir. Non me atrevería a apostar que porcentaxe vemos/lemos/escoitamos completa. Realmente o Facebook non é un sitio para conectarse unha vez ao día ou cada dous días e ver que pasou na nosa ausencia
Facebook comezou sendo unha ferramenta. Como era moi boa converteuse nun boom. Mais nalgún momento deixará de selo, e será de novo unha boa ferramenta.
Users Over 55 Quitting Facebook: The Baby Boom Times Over?.
Cada vez é máis difícil pensar nunha campaña de promoción sen facerse ver e, sobre todo, producir movemento, nas redes sociais. As ideas luminosas mantéñense prendidas durante pouco tempo e ás veces mesmo só lles funcionan aos primeiros que as usan.
As redes sociais son as novas plataformas publicitarias. Por canto tempo?
“Next to normal”, una obra llena de rock que ha recibido once nominaciones a los Tony, se define como “el primer musical en representarse en Twitter”, algo que consigue actualizando sus mini entradas en el portal con los fragmentos de los diálogos de su libreto.
Tras esa idea se encuentra Situation Interactive, que ha conseguido hasta ahora que la obra cuente, a día de hoy, con 96.808 seguidores o usuarios que reciben en tiempo real todo lo que los administradores de “Next to normal” cuelgan en su perfil.
Esa cifra es todo un hito entre las obras de Broadway, si se compara, sobre todo, con otros éxitos de la temporada, como “Billy Elliot”, que cuenta, con música del británico Elton John, la lucha de un niño por dedicarse al ballet y que sólo tiene 483 seguidores en la misma plataforma.
vía Faro de Vigo.
Este é un pequeno artigo que me solicitaron da Fundación Amancio Ortega hai uns días, xunto cun relatorio sobre as ferramentas de Google, para o profesorado adscrito ao proxecto Ponte dos Brozos, de inclusión das tic na aula.
Ferramentas Google e Web 2.0 | Aula PPdB.
Hai uns anos, moitos menos dos que sempre nunha primeira impresión nos parecen, preparar materiais educativos para traballar con ordenadores na aula significaba basicamente saber programar ou elaborar actividades predeseñadas de Clic ou HotPotatoes. Foron tempos heroicos e grandes esforzos de creatividade por parte dun grupo reducido de docentes. Mais en cinco anos as cousas mudaron considerabelmente e novos recursos, con frecuencia online, sen necesidade de instalar nada, complementaron de maneira poderosa as opcións da creación de contidos en Internet, tamén para o ámbito educativo:
As simples presentacións de Power Point abríronse aos blogues e aos wikis, por poñer só un par de exemplos, e accións para as que até onte era preciso “controlar” de Photoshop ou doutras aplicacións que hoxe xa nin lembramos, podían facerse agora a través de ferramentas web superespecializadas, para cuxo uso xa non era preciso aprender absolutamente nada. Eis a web 2.0.
A web 2.0 facilitou o traballo colaborativo e a sá actitude de compartir o coñecemento, e fíxose patente a máxima de non repetir o que xa está feito. A facilidade actual para publicar en Internet dános acceso a unha gran cantidade de contidos que podemos logo axeitar ás particularidades do noso contorno e que nos revela verdadeiras xoias e recompilacións temáticas de información como esta presentación que utilizamos unhas semanas atrás para a sesión sobre as ferramentas de Google no ámbito educativo:
O éxito das redes sociais, desde as definitivamente orientadas cara ao diálogo como Facebook ou Twitter, ás articuladas en torno a contidos audiovisuais, literarios ou a seleccións temáticas de ligazóns, garante ademais que xa nunca imos perder o fío da actualización dos temas que nos interesan, sexa en forma de noticias, referencias ou contidos concretos.
Xa coñeces Twitter?
Moitos outros vídeos breves e claros sobre os conceptos e servizos básicos en Internet aquí.
Nº de usuarios/as: 60.000.000
Nº usuarios/as que votaron sobre o redeseño do Facebook: 600.000
Usuarios/as que votaron a favor: 74%
Usuarios/as que se mostraran satisfeitos co redeseño antes desta votación: 5%
Apróbase o redeseño por ampla maioría, seica.
Pouco me importa o caso FB mais é sintomático de que, en determinados ámbitos, o/a usuario/a semella máis preocupado polo dereito á participación que por participar.
Actualmente escribo este blogue, que será, mentres dure, o espazo público da miña identidade dixital, independentemente de que faga uso das redes sociais que estean de moda en cada momento. A maiores teño un blogue en Tumblr onde publico basicamente ligazóns que me interesa gardar en orde cronolóxica e que, mediante un botón arrastrado desde a sección Goodies de Tumblr, me permite publicar no blogue de Tumblr a web qu estou a ler en calquera momento. Desde o panel de control de Tumblr pode apañarse un pedazo de código que levei a un widget deste blogue, de modo que cada cousa que envío a Tumblr, aparece na categoría miniposts que se pode ver na barra lateral esquerda do meu blogue de Blogaliza.
Na barra do navegador teño tamén outro botón que me permite subscribirme a calquera web con rss a través de Google Reader, o lector de feeds que, logo de moito experimentar, me parece máis manexábel e completo.
Ademais teño perfil creado en Twitter e en Facebook, e a Facebook envío automaticamente todo o que publico neste blogue, en Twitter (que non é moito polo de agora porque acabo de abrilo), e no blogue de Tumblr. En Facebook é tan sinxelo como introducir na caixa de procuras o nome da rede que desexes integrar no teu perfil e filtrar por aplicacións até atopar unha que funcione ben, que non todas o fan, importando os contidos que creamos nas outras redes. Desde logo podería incluír no blogue os widgets de Twitter e Facebook, do mesmo modo que teño o de Tumblr, mais polo momento aínda non foi unha prioridade.
E por se fose pouco, entre outras cousas teño conta en Qik e en Kyte, dous sistemas gratuítos de streaming móbil de vídeo, estes si aparecen ligados desde o blogue, exactamente na columna da dereita poden verse os dous reprodutores cos que emitir vídeo en directo a través de Internet. Unha vez descargadas as aplicacións desde as webs de cada un, podemos subir vídeos de variábel calidade a Internet, sen necesidade de ocupar memoria no teléfono. Desde logo é preciso contar cunha tarifa plana de datos no móbil. Cada vídeo ten url propia, pode incrustarse en webs, enviarse a redes sociais, e inclúe contador de visitas e posibilidade de deixar comentarios. Qik funciona unicamente con vídeos mais Kyte tamén permite subir imaxes.
Por último por hoxe, gostaría de comentar que, aparte de aplicacións específicas para os móbiles, para publicar texto directamente nos blogues e redes sociais, existen outras que permiten centralizar os diferentes perfís dun usuario nun só lugar. O meu preferido é Pixelpipe porque nin sequera hai que instalar aplicación ningunha senón que se accede vía web e permite enviar de maneira instantánea texto, imaxes e vídeos en todas ou en algunha das redes sociais en que estamos rexistrados. É ben certo que facendo isto Pixelpipe ou o servizo que usemos pasa a ter acceso a todas as nosas claves e que hai quen non o acepta mais, como moitas cousas, é unha opción e ten as súas consecuencias.
Veña, unha máis, que non me resisto: para seleccionar imaxes para as anotacións procúroas habitualmente en Flickr, baixo licenzas Creative Commons; deste modo dou difusión a persoas que o desexan, porque sempre inclúo unha ligazón para os seus perfís en Flickr e sei que non vou ter problemas legais.
Esta é unha anotación que escribín para o blogue da miña irmá.
En 2003 comezaron a popularizarse os blogues. Construír unha web de deseño simple cos contidos organizados cronoloxicamente abriu a porta pública a todas as persoas que tiñan algo que dicir. E mudaron a face de Internet, até aquel momento inzada de páxinas estáticas que servían unicamente como medio de contacto ou bases de datos. Servizos como Blogia, Blogger e Blogalia, nun principio, foron secundados por outros como Tumblr e Blogaliza, o primeiro servidor galego de blogues. Un blogue para cada individuo consciente de pertencer á comunidade dos produtores de contidos.
Os comentarios eran habituais e a lectura dos que te seguían de obrigado cumprimento, independentemente do interese propio por uns asuntos ou por outros. Co tempo o número de blogues multiplicouse, os comentarios fixéronse máis escasos, as visitas mesmo nos blogues máis populares, baixaron considerabelmente e en Galiza falouse por ver primeira da morte do blogomillo, entendendo por este a comunidade de blogues escritos en galego. (continuar)