Se non podes ir á mani pero queres seguila por Internet, mañá faremos streaming co móbil desde Compostela. Podes seguir a mani en directo en blogaliza.org, tamén desde este blogue ou mesmo desde o teu blogue, se pegas este código nun widget de texto da barra lateral ou o inclúes nunha anotación desde a pestana de HTML do editor de anotacións, como fixen eu co reprodutor que ves sobre estas liñas:
<object classid=”clsid:d27cdb6e-ae6d-11cf-96b8-444553540000″ codebase=”http://download.macromedia.com/pub/shockwave/cabs/flash/swflash.cab#version=9,0,115,0″ width=”425″ height=”319″ id=”qikPlayer” align=”middle”><param name=”allowScriptAccess” value=”sameDomain” /><param name=”allowFullScreen” value=”true” /><param name=”movie” value=”http://qik.com/swfs/qikPlayer4.swf” /><param name=”quality” value=”high” /><param name=”bgcolor” value=”#333333″ /><param name=”FlashVars” value=”rssURL=http://qik.com/blogaliza/latest-videos&autoPlay=false&pollingUrl=http://qik.com/videos/latest/blogaliza&polling=true”><embed src=”http://qik.com/swfs/qikPlayer4.swf” quality=”high” bgcolor=”#333333″ width=”425″ height=”319″ name=”qikPlayer” align=”middle” allowScriptAccess=”sameDomain” allowFullScreen=”true” type=”application/x-shockwave-flash” pluginspage=”http://www.macromedia.com/go/getflashplayer” FlashVars=”rssURL=http://qik.com/blogaliza/latest-videos&autoPlay=false&pollingUrl=http://qik.com/videos/latest/blogaliza&polling=true”/></object>
Cando os tempos difíciles ameazan con prolongarse moito, paga a pena manter unha actitude positiva e dedicarse a construír casiñas confortábeis en lugar de afuciñar duramente tentando derrubar os castelos do inimigo. Nas últimas semanas están a xurdir numerosas iniciativas, tanto na Rede como fóra dela, en defensa da cultura en galego, a cultura que queremos moitas persoas. Por iso pensei en abrir un espazo, a través do cal sexa fácil estar ao tanto das últimas mobilizacións e poder adherir as que a cadaquén lle pareza oportuno.