Google Nexus One

Dise que sairá mañá á venda e que só se poderá mercar inicialmente se se recibe un convite de Google. Tamén se dicía hai uns días que sería un terminal totalmente libre mais agora parece que será Tmobile quen o comercialicen nos EUA e Vodafone en Europa. Díxose que o prezo do terminal libre sería de 200 $ con 100 $ de crédito en produtos Google para os compradores cunha conta antiga…

O que si se sabe con certeza é que é un modelo de HTC que funciona con Android, que ten 512 Mb de ram, cámara de 5 Mp, pantalla de 3,7” e que soporta 5 escritorios. Sábense de feito todas as especificacións, aínda que agora non veñan ao caso.

Que Android sexa o sistema operativo do Nexus significa que ten unha base software aberta a que calquera desenvolva aplicacións para el, así que o número de xoguetes virtuais para estes aparellos pode chegar a ser unha loucura.

E que tal se levará coa lectura? Eu, que son unha firme convencida de que o móbil en xeral, alén do iPhone, se xeneralizará proximamente como dispositivo habitual e cómodo de lectura, penso que o Nexsus se vai levar fantasticamente ben cos libros. Creo que a maioría dos modelos máis populares de terminais aínda incorporan Symbian ou mesmo sistemas operativos particulares da marca, como moitos dos modelos de LG; por iso é tan complicado facerse con software de lectura agradábel e que funcione ben. Os móbiles con Android son actualmente a mellor opción para os que queremos incorporar o móbil a todas as parcelas da nosa vida que son ou queremos converter en sociais -pola cantidade de aplicacións desenvolvidas xa a día de hoxe e pola potencia da súa cámara, que permite facer fotos e mesmo streaming de vídeo dunha calidade máis que aceptábel- e para os que gustamos de aproveitar calquera momento para ler.

E mentres agardamos que aumente a oferta de ebooks, tanto en títulos como en modos de venda.

Outro día falaremos sobre as aplicacións de lectura de libros.

Y más fotos del Googléfono Nexus One….

Chuzame! A Facebook A Twitter

Google Books e DRM

Google anuncia que aceptará ebooks con DRM entre os formatos que distribuirá.

Official format and DRM info from Google Editions, an Amazon competitor | TeleRead: Bring the E-Books Home.

Chuzame! A Facebook A Twitter

10 predicións para o ebook en 2010

1.- A tinta electrónica abaratarase e compartirá mercado con dispositivos duais, LCD e OLED.

2.- A lectura entrará nos móbiles e netbooks con pantallas duais.

3.- As aplicacións levarán a lectura a dispositivos aparentemente non concibidos con ese fin como as consolas.

4.- Tamén aparecerán aplicacións para os lectores de ebooks.

5.- Amazon comezará a vender novos modelos de lectores con pantalla táctil, a cores, con pantallas flexíbeis.

6.- B&N restará mercado a Amazon e a Sony, aínda que Amazon manterá o primeiro posto.

7.- As vendas de contidos importarán 500 millóns de dólares nos EUA.

8.- Os ebooks de texto serán máis accesíbeis, mais as vendas serán aínda modestas. 2010 non será o seu ano.

9.- Revistas e xornais lanzarán os seus propios aplicacións e dispositivos.

10.- China, India, os EUA e a UE impulsarán un crecemento global pero o maior mercado continuará a ser o mercado estadounidense.

Ten Predictions For The E-Reader/E-Book Market In 2010 | paidContent .

Chuzame! A Facebook A Twitter

Jane, de Dear Author, sobre modelos de negocio

Tradución libre das partes do texto que me parecen máis interesantes:

Primeiro as súas convicións:

-O sistema de adiantos contra royalties xa non se sostén.

-Unha industria editorial forte é boa para o lector.

-Escribir é un acto creativo, vender é negocio.

Jane defende modelos alternativos de negocio porque cre que a democratización do acceso á distribución pode crear modelos de negocio sustentábeis para todo tipo de autores.

Con editoras como Random House a reclamar dereitos dixitais con carácter retroactivo o panorama está a mudar. Os autores están a asinar contratos de libros que sairán en dous ou tres anos, así que paga a pena botar unha ollada ao que se albisca xa.

  1. Sistema de adiantos por dereitos
  2. Edición dixital
  3. Empresas de servizos de edición
  4. Autoedición

Adianto por dereitos

O editor pagaba un adianto ao autor en función das vendas estimadas, que podía chegar a un 94% do beneficio xerado pola propiedade intelectual do autor. O autor recibe unha cantidade situada entre os 1.000 $ e varios millóns por libro mais a promesa de que tamén recibirá entre o 6% e o 15% dos ingresos por riba das vendas estimadas a priori. E ao final o autor pode que non reciba máis que o 6% dos ingresos xerados polo libro.

Edición dixital

O modelo actual contempla porcentaxes superiores para o autor, a maioría entre o 30% e o 40%.

Empresas de servizos de edición

Estas vanse multiplicar con rapidez cando aínda se democratice máis o acceso á distribución. O autor paga só polos servizos que contrata, o que pode chegar até un 50& aproximadamente e debe adiantar diñeiro.

Autoedición

O autor conserva a totalidade dos beneficios xerados pola venda do libro mais ás veces vese na obriga de contratar determinados servizos, como o deseño da cuberta, por exemplo.

A diferenza entre os catro modelos está no risco que o autor está disposto a asumir en función da porcentaxe de beneficio que queira asegurarse.

Como a maioría das vendas está aínda no mercado físico, ese é o de menor risco pero a situación está a mudar.

Durante 2008, polo menos o 24% das vendas de libro físico foron formalizadas online. Estase chegando a un punto en que os adiantos son cantidades tan pequenas que moitos autores están a ter en consideración outros modelos de publicación porque a tecnoloxía de impresión baixo demanda encaixa perfectamente coa venda online.

Os autores que desexen vivir do que escriben deberían cuestionarse se realmente paga a pena acabar renunciando até ao 96% dos ingresos xerados pola súa propiedade intelectual.

A autoedición que non supoña un custo inicial para o autor pode substituír o modelo actual de adiantos unha vez que o mercado dixital supoña polo menos un 35% do mercado xeral do libro. É normal que as editoras estean a experimentar con diferentes modelos para que o negocio se prepare para adaptarse a un mercado en fase de cambio. A edición non bai desaparecer pero vai mudar moito nun prazo de só cinco anos.

A desaparición da necesidade da tenda e o obxecto físicos, abre novas posibilidades para escritores que queiran vivir do que escriben. Os autores deste grupo deberán formarse no novo negocio e coñecer ben os riscos que corren, para poderen asumir os que consideren oportunos.

Unha potente e nova industria editorial se aproxima, preparada para os nichos e para os mercados de masas.

Publishing Business Models | Dear Author: Romance Novel Reviews, Industry News, and Commentary.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Breves

-79,95 $ é o que custa a subscrición anual que dá dereito a acceso aos 500 libros que ten Disney actualmente en catálogo dixital.

-Caen en picado os adiantos editoriais

Literary début advances fall as low as £500 | theBookseller.com.

-Sony pensa que o DRM é preciso para a construción do negocio e que os ebooks deben ter prezos variados, entre os 10 $ e os 20 $ e incluso máis, como acontece nas librarías físicas.

Teleread.com

Chuzame! A Facebook A Twitter

Desarrolladores de Android dicen «adiós» a Google | Microsiervos Ordenadores

“El culebrón se inició a finales de la semana pasada, cuando Google se puso en plan matón de barrio con CyanogenMod, una versión del sistema operativo para teléfonos Android que mejora el rendimiento en algunos teléfonos HTC e incluye funcionalidades que no se encuentran en la versión original desarrollada por Google. Lo que ocurrió está recogido en Cuando el software libre no es tan libre: Google contra CyanogenMod.”

Un dos lemas de Google é que a técnoloxía non debe ser un atranco para o usuario e para iso están eles. Mais, como se di en Matrix sobre os sotos de Sión, ninguén se ocupa deles agás cando hai algún problema. Neo gosta de baixar ás máquinas para saber como funciona todo. Deberiamos ter iso en mente.

víaDesarrolladores de Android dicen «adiós» a Google | Microsiervos Ordenadores.

Chuzame! A Facebook A Twitter

A Comisión Europea recibe aos responsables do proxecto de dixitalización de libros de Google – Código Cero – Diario Tecnolóxico de Galicia

“Aquí en Europa, editores italianos e franceses, non ven viable que se asine un acordo semellante ao americano neste lado do charco, argumentando que “a normativa impide por agora a dixitalización de obras con dereitos vixentes”. Sexa como for, o caso é que Google preséntase hoxe en Bruxelas para expoñer o proxecto, que, de tirar para diante, porá a disposición de tódolos internautas os libros que desexen sen ter que desprazarse ata as mellores bibliotecas e librerías do mundo.”

víaA Comisión Europea recibe aos responsables do proxecto de dixitalización de libros de Google – Código Cero – Diario Tecnolóxico de Galicia.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Gmail ataca de novo

Co que custa facer que os usuarios lean os manuais… Google quere conseguilo dando forma ao manual de Gmail de test de artes marciais. A proposta é orixinal e será boa se funcionar. Estarán a preparar o camiño para o Google Wave, mellorando a expertice dos usuarios do Gmail? Eu diría que pode ser.

“Las habilidades Gmailísticas se dividen en cuatro categorías: cinturón blanco, verde, negro y Ninja. Dependiendo de tus conocimientos podrás hacer una autoevaluación. Entre las funciones básicas están destacar correos importantes con estrellas y otras obviedades, mientras que entre las más complicadas aparecen importar Calendar y Docs a Gmail y cerrar sesiones remotamente.”

vía FayerWayer.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Google Wave, o novísimo de Google

Actualizado: Simón Neira está a escribir un artigo para Blogaliza sobre a Developer Conference de Google.

O noso amigo Simón está estes días na Developer conference de Google en San Francisco. Acabamos de recibir un correo seu que di o seguinte:

“Google acaba de presentar hai dez minutos o Google Wave. Creo que vai revolucionar todo[...] É un novo concepto de traballo que une Google Docs, Gmail, Gtalk, Blogues, Wikis, Twitter, Maps e moitísimo máis nunha soa ferramente de comunicación e traballo colaborativo. E OpenSource, plenamente customizable e cun API aberto para desenvolver extensións para calquera tipo de  proxectos.”

Que impaciencia!

Chuzame! A Facebook A Twitter

O galego, máis e mellor con software libre

O galego, máis e mellor con software libre – Código Cero – Diario Tecnolóxico de Galicia.

Andamos en contactos para traducir o Google Calendar para galego e facernos cargo das futruras actualizacións. Se cadra estou errada, mais sempre teño a sensación, cando descubro con envexa traducións de aplicacións e ferramentas para euskera e catalán que non temos en galego, de que os cataláns teñen interese en masa e que iso fai que conten con dereitos que nós non temos, porque eles os gañaron coa unión dos seus esforzos. Das traducións ao euskera sempre teño a sensación que son prmovidas e, sobre todo, pagadas cos impostos dos vascos, e tamén lles teño envexa. En Galiza traducimos algunhas cousas mais nunca vin un goberno consultar que se debería traducir, como e por que e dáme mágoa que, co pequeno que é o país, teña configuración de arquipélago.

Chuzame! A Facebook A Twitter