Manifesto dixital dos libreiros franceses

Extractos:

A Asociación Francesa de Libreiros e a recente  Asociación de distribuidores de produtos culturais lanzan o manifesto o 13 de xaneiro de 2010 en representación de todos os libreiros coa finalidade de evitar que a distribución de libros siga o mesmo camiño que a de música.

Piden prezo fixo para o ebook, así como que se rebaixe o IVE do 19.6% ao 5.5 e a creación dunha centro común de editoras e librarías durante 2010. Os referentes para este centro deberán ser o estadounidense  International Digital Publishing Forum ou o Libreka alemán.

Hai quen di que é demasiado cedo para establecer prezos fixos para os ebooks, pero outros din que, sen prezo fixo, os dous peixes grandes devorarán todos os cativos

Os distribuidores reclaman dixitalización masiva, prezos inferiores ás edicións en papel, sistemas de lectura compatíbeis e paquetes diversificados de produtos para iren por diante das edicións non oficiais.

víaFrench booksellers launch digital manifesto | theBookseller.com.

Chuzame! A Facebook A Twitter

“E” de experimento

Guy LeCharles Gonzalez afirma que 2010 será o ano “e” mais o “e” non é de ebook senón de experimento: experimentos cos contratos, cos dereitos, cos formatos, coa distribución. A experimentación incluirá necesariamente os ebooks mais non estará centrada neles.

Se o libro é efectivamente un obxecto tan perfecto e o negocio, tal e como o coñeciamos até onte, está a atravesas momentos difíciles, a experimentación será o camiño, di este home.

Moi interesante o artigo, a ultima sección titúlase: os grandes experimentos traen os grandes fracasos.

vía “E” is for Experiment (Not E-books) .

Chuzame! A Facebook A Twitter

Paper Republic, axencia literaria

É unha axencia literaria ocupada en traducir e vender obra de chineses ao mercado en inglés. Ofrecen un directorio de autores con extractos das súas obras traducidos ao inglés e directorio de tradutores ligados ás obras que gostarían de traducir. Ademais, nas fichas de autores e editores sacan referencias en prensa, etc. Coñecen ben o mercado do libro en inglés e deciden que autores chineses poden adaptarse mellor en tradución. As traducións son traballadas co contexto literario da lingua de destino en mente, para ofrecer un produto que encaixe coa moda.
Un detalle que me pareceu xenial: para a última feira de Francfort editaron un catálogo de mostras dunha selección de autores e unha relación de autores recomendados sen traducir, que aínda se pode descargar da rede.
Simple e eficiente.

Which Chinese Books Do You Want Translated? .

Chuzame! A Facebook A Twitter

Máis unha estratexia: ebook de balde durante 3 semanas

Isto é o que está a facer Daniel Blythe co seu último libro: podes solicitalo de balde en formato electrónico a través dun formulario no seu blogue. Podes engadir o formulario no teu propio blogue e facerlle publicidade a cambio do libro de balde, todo isto durante 3 semanas, despois das cales o libro sairá á venda en papel en edición de peto.

Icon author releases free e-book pre-publication | theBookseller.com.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Adeus lector de libros. Ola Tablet!


Nos últimos días fóronse presentando no CES a maioría dos aparellos que sairán á venda nos últimos meses. Para min é especialmente salientábel o Notion Ink Adam, un prototipo de pantalla de Pixel Qi que, a dicir de moitos, deixará obsoleta a tinta electrónica. Aparentemente é unha pantalla común mais ao apretar un botón apágase a retroiluminación e pasa a modo b/n de alto contraste, o que permite reducir o consumo á 4ª parte aproximadamente, cansar menos a vista en lugares ben iuminados e mantén as capacidades de navegar por internet e reproducir vídeos e outros obxectos multimedia.
Será que, como penso hai tempo, imos cara ao trebello multipropósito que a maioría levaremos enriba nun futuro moi próximo xa?

Chuzame! A Facebook A Twitter

Ebook 2010: predicións de Joe Wikert

1.- O ano do libro ou os contidos enriquecidos.

2.- A maioría dos editores ignorará a predición nº 1

3.- Os dispositivos dedicados de lectura perderán fol en favor dos dispositivos multipropósito.

Poderían ser máis pero non máis acertadas, creo eu.

Joe Wikert’s Publishing 2020 Blog: 2010 Predictions.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Nova versión de Calibre

Calibre é do melloriño como biblioteca onde organizar as nosas lecturas e como software para converter libros a distintos formatos, entre eles o ePub.

Calibre 0.6.32 released | TeleRead: Bring the E-Books Home.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Libros máis copiados en 2009

Curiosa a relación, verdade? Tamén curioso e preocupante para eles que Stephen King e J.K. Rowling estean na lista dos 25 primeiros. Ambos os dous son escritores que non autorizan a venda das súas obras en formato ebook. Como di o autor do artigo ligado, Por que rexeitar o beneficio que lles tería reportado? E o que é máis importante, como educar agora os seus lectores para que merquen o que están afeitos a conseguir de balde?

1. Kamasutra

2. Adobe Photoshop Secrets

3. The Complete Idiot’s Guide to Amazing Sex

4. The Lost Notebooks of Leonardo da Vinci

5. Solar House – A Guide for the Solar Designer

6. Before Pornography – Erotic Writing In Early Modern England

7. Twilight – Complete Series

8. How To Get Anyone To Say YES – The Science Of Influence

9. Nude Photography – The Art And The Craft

10. Fix It – How To Do All Those Little Repair Jobs Around The Home

víaMost pirated books of 2009 – publishers shouldn’t be worrying | TeleRead: Bring the E-Books Home.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Google Nexus One

Dise que sairá mañá á venda e que só se poderá mercar inicialmente se se recibe un convite de Google. Tamén se dicía hai uns días que sería un terminal totalmente libre mais agora parece que será Tmobile quen o comercialicen nos EUA e Vodafone en Europa. Díxose que o prezo do terminal libre sería de 200 $ con 100 $ de crédito en produtos Google para os compradores cunha conta antiga…

O que si se sabe con certeza é que é un modelo de HTC que funciona con Android, que ten 512 Mb de ram, cámara de 5 Mp, pantalla de 3,7” e que soporta 5 escritorios. Sábense de feito todas as especificacións, aínda que agora non veñan ao caso.

Que Android sexa o sistema operativo do Nexus significa que ten unha base software aberta a que calquera desenvolva aplicacións para el, así que o número de xoguetes virtuais para estes aparellos pode chegar a ser unha loucura.

E que tal se levará coa lectura? Eu, que son unha firme convencida de que o móbil en xeral, alén do iPhone, se xeneralizará proximamente como dispositivo habitual e cómodo de lectura, penso que o Nexsus se vai levar fantasticamente ben cos libros. Creo que a maioría dos modelos máis populares de terminais aínda incorporan Symbian ou mesmo sistemas operativos particulares da marca, como moitos dos modelos de LG; por iso é tan complicado facerse con software de lectura agradábel e que funcione ben. Os móbiles con Android son actualmente a mellor opción para os que queremos incorporar o móbil a todas as parcelas da nosa vida que son ou queremos converter en sociais -pola cantidade de aplicacións desenvolvidas xa a día de hoxe e pola potencia da súa cámara, que permite facer fotos e mesmo streaming de vídeo dunha calidade máis que aceptábel- e para os que gustamos de aproveitar calquera momento para ler.

E mentres agardamos que aumente a oferta de ebooks, tanto en títulos como en modos de venda.

Outro día falaremos sobre as aplicacións de lectura de libros.

Y más fotos del Googléfono Nexus One….

Chuzame! A Facebook A Twitter

Ebooks vs. P2P e similares

Peter Scott comenta que desde que O símbolo perdido de Brown se ofreceu en formato ebook, as copias non mercadas comezaron a multiplicarse até os centos de miles nos días seguintes. A súa conclusión é que a industria editorial está a atravesar as mesmas dificultades que a discográfica e a cinematográfica. Nisto último ten razón mais, se cre que as copias do Símbolo se multiplicaron por ser ofrecido en formato ebook -como pensan algúns editores e algúns escritores como J.K. Rowling- está totalmente errado. Os libros partíllanse na rede porque hai quen os escanea e ofrece a coñecidos e descoñecidos, tanto se se venden en formato ebook como se non.

Dado que os prezos dos ebooks non tenden a baixar na actualidade, ao contrario que os dos dispositivos electrónicos de lectura, paréceme cada vez máis claro que o modelo de negocio da industria editorial deberá pasar polo acceso aos contidos en lugar de centrarse na descarga e na posesión de arquivos.

O acceso aos contidos, toda vez que se amplían as posibilidades de conexión permanente a Internet, ben sexa a través do pc, ben co móbil ou con dispositivos dedicados, identifica os usuarios a través dunha conta coa que acceden ao que mercan, coa que abren as portas que lles permiten visualizar aquilo polo que pagaron mais o que os editores lles queiran ofrecer a maiores para fidelizalos. E, como xa dixen con anterioridade, igual que non partillamos o cepillo dos dentes nin a conta persoal de correo, tampouco partillaremos as contas de lectores.

Peter Scott’s Library Blog: Digital piracy hits the e-book industry.

Chuzame! A Facebook A Twitter