Adaptarse aos novos tempos

Eis o artigo que me pediron para a Tempos deste mes sobre internet e a propiedade intelectual.

“Na segunda metade do S. XX, para escoitar música había que mercar un CD, para ler unha novela había que mercar un libro en papel e para ver un filme había que mercar ou alugar un DVD. O aviso de prohibición de reprodución aparecía en todos os artigos mais a copia privada acabou sendo un dereito. A técnica avanzou e fixo posíbel reproducir discos e fotocopiar libros na casa. Aínda así era máis barato fotocopiar un libro nunha tenda de fotocopias, polo que a industria editorial acabou conseguindo que se aplicase un canon ás máquinas fotocopiadoras, para subsanar as perdas que as editoras atribuían ao fotocopiado dos seus libros. O canon aplicouse a moitos dispositivos electrónicos que permitían copia e almacenamento de contidos dixitais, e os cartos que xeraba ían parar a asociacións de xestión de dereitos de autor. Autorizaba o canon a libre reprodución dos contidos comerciais? Non, só a copia privada, que pasou a ser un dereito do comprador. En que se baseaba a aplicación do canon entón? Na compensación do “mal” uso que o comprador podía facer da súa compra. Pero entón, pagando o canon lexitimábase ese uso do produto comprado? Tampouco. Paradoxos da vida.

Durante uns anos as entidades de xestión de dereitos manexaron cantidades de diñeiro considerábeis, que repartiron e investiron como consideraron oportuno até que recentemente os seus ingresos comezaron a diminuír de modo alarmante. Foi nese momento cando reclamaron unha lei que as “protexese”.

Entrementres os internautas descubriron que podían partillar contidos a través da rede, que podían organizarse para non repetiren o mesmo traballo innumerábeis veces e que era importante defender o dominio público. Descubriron tamén que as industrias de contidos tiñan un modelo de negocio baseado na distribución física que comezaba a deixar de ter sentido coa revolución dixital.

Empresas como Amazon, Apple, Spotify decidiron aproveitar a oportunidade dixital e comezaron a comercializar novos produtos con novos prezos adaptados a unha clientela que non variara tanto nestes poucos anos pero que contaba con ferramentas de consumo, de compra e de participación das que non dispuña dez ou quince anos atrás. Venda de cancións soltas, libros a prezos reducidos, consumo online de música, filmes e libros sen necesidade de descarga previa, etc.

Ao seu carón, moitas empresas consolidadas no S XX quixeron facerse fortes no seu modelo de negocio de distribución física e trasladaren os seus formatos sen mudanzas a internet, o que moitos chamaron desfortunadamente manteren a súa cadea de valor. A industria da distribución de contidos está en crise como tantas outras simplemente porque xa non funciona, como aconteceu co carbón cando chegou o petróleo, porque non reducir os custos cando é posíbel non leva a ningures.

A lei Sinde non saiu adiante porque a cidadanía non quere que se pechen páxinas web sen a autorización dun xuíz. En internet nin todo é de balde nin se pretende pero é preciso e urxente un debate a fondo sobre as leis de propiedade intelectual que defendan os produtores, os distribuidores e tamén os consumidores de contidos, adaptadas aos novos tempos, aos novos medios e centradas na propia cultura, non unicamente na industria.”

Chuzame! A Facebook A Twitter

Onde nos leva isto?

William Baker, experto en medios de comunicación fala sobre os xornais e Internet:

“Para empezar, habría que cambiar las leyes antimonopolio y permitir a los medios de comunicación fijar precios conjuntos. Eso evitaría la tiranía del todo gratis. En estos momentos nadie se atreve a cobrar por sus contenidos en la Red por miedo a que los lectores se vayan a la competencia, cosa que cambiaría si se fijara un precio conjunto. Además, habría que asegurar el derecho al copyright. No puede ser que una empresa pague los costes de tener a un periodista investigando durante meses un tema y que después cualquiera pueda publicarlo cambiando ligeramente el texto. No puede ser que Google, Yahoo, los blogs… se nutran gratis de sus contenidos. Finalmente, también sería importante aumentar los recursos destinados a las empresas de comunicación públicas asegurando la independencia de su línea editorial.”

vía“Se está sustituyendo a los periodistas por relaciones públicas” · ELPAÍS.com.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Twitter asina un acordo con dúas produtoras para crear un programa de televisión

As teles prepáranse para dar o gran salto a Internet? Ou son as produtoras as que se preparan para abandonar as teles e dar o grna salto a Internet?

Faro de Vigo.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Non sen unha orde xudicial

O Parlamento Europeo, entendendo que Internet é un dereito fundamental, rexeita o control prommovido por Francia, entre outros países, e prohíbe que se poida cortar Internet a ninguén sen unha orde xudicial.

Chuzame! A Facebook A Twitter